Surf FGS Apúntate ao Curso de Formación de Director de competición e operador de sistemas ONLINE na FGS
Apúntate ao Curso de Formación de Director de competición e operador de sistemas ONLINE na FGS
Xoves, 27 Febreiro 2014 19:06

Este curso finalmente realizarase de forma online. Aos alumnos inscritos neste curso entregaráselles unha documentación e unhas pautas a seguir para desenvolver un traballo que deberá ser entregado ao profesor nun máximo de 2 semanas desde que se lle entrega todo o material didáctico. Unha vez finalizada a parte teórica deste curso, o alumno deberá iniciar as prácticas nos campionatos do Circuíto Galego da tempada 2014.

Para aqueles interesados en prepararse como director de competición, o prazo de matricula estará aberto durante todo o ano. Unha vez matriculado, o alumno recibirá o material do curso e as indicacións para prepararse nesta formación.

Prezo matricula: 120€   -    Inscrición online FGS

Duración do curso: 15 horas teóricas + 20 horas prácticas.

+ info en:

http://www.fgsurf.org/novas/cursos/533-curso-de-formacion-de-director-de-competicion-y-operador-de-sistemas-online.html

 
4 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: