Surf FGS Presentado o Calendario de Actividades Deportivas da Federación Galega de Surf 2014
Presentado o Calendario de Actividades Deportivas da Federación Galega de Surf 2014
Venres, 28 Marzo 2014 11:41

O pasado 25 de marzo tivo lugar a 1ª Asamblea Xeral da Federación Galega de Surf e aprobouse finalmente o Calendario Oficial 2014 da FGS de actividades deportivas relativo ao Circuíto Galego de Surf, Longboard, Bodyboard e SUP. Tamén tomaron outras decisións importantes como:

  • Eliminación da categoría Sub-10 no Circuito Galego  infantil e xuvenil de Surf. Esta categoría quedará incorporada dentro do Circuito Interescolas, que será organizado especialmente polas Escolas Oficiáis da FGS.
  • Incorporación da categoría Sub-12 no Circuito Galego infantil e xuvenil de Surf 2014. Según os puntos anteriormente expostos, as categorías oficias do Circuito Infantil e xuvenil de surf serán Sub-12, Sub-14, Sub-16 e Sub-18 masculino e femenino.
  • As categorías inferiores de bodyboard volverán a unirse ao circuito infantil e xuvenil de Surf. Denominandose pois “Circuito infantil e xuvenil de surf e bodyboard”.
  • Cada deportista das categorías infantil e xuvenil, antes do peche de inscrpcion de cada proba, deberá remitir un listado cos técnicos que o acompañarán durante a competición. O listado debe remitirse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Incorporación da categoría “Logger” para o Circuito open de Longboard 2014. Esta categoría e de carácter non oficial, e decir, no e puntuable para o ranking do Circuito. Para anotarse na categoría “Logger” o competidor debe antes estar anotado na categoría oficial – Open longboard.
  • Prezos inscripcions campeonatos Circuito Galego 2014.

Tedes toda a info en:

http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/536-calendario-actividades-deportivas-federacion-galega-de-surf-2014.html

 
5 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: