Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico da Federación Galega |
Luns, 23 Febreiro 2009 14:51 | |||
![]() A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico". Tal e como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.) PDF (2007/19326; 16 págs. - 505 KB.) Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques: 1-Bloque común: pódeste informar sobre as convocatorias deste bloque en http://www.deportegalego.es/ ou poñéndote en contacto coa Dirección Xeral para o Deporte. 2-Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com . 3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas nunha das escolas homologadas da FGS. “Bloque Específico” O curso desenvolverase nos meses de Marzo e Abril de 2009 o lugar de realización será na Coruña e en Vigo, O prazo para inscribirse e ata o día 25 de Febreiro inclusive, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , tamén se pode facer enviando un fax coa ficha de inscripción ao nº 986299378. No momento de facer o ingreso no banco prégase facer constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos. Solicita máis información no email da Federación Galega. Federación Galega de Surf
|