Publicidade:
O máis visitado este mes
Galiza acollerá o 1º Surf Talent de Grados Deportivos |
Luns, 18 Abril 2016 15:17 | |||
O próximo 30 de abril vai ter lugar na praia de Patos, o primeiro #SurfTalent. Un evento onde se certifica o nivel do deportista. Poden acceder deportistas técnicos e/ou afeccionados que desexen certificar o seu nivel deportivo e obter un grao de evolución deportiva. Para acceder tan só é necesario realizar a inscrición a través do correo talent(arroba)gradosdeevoluciondeportivas.es indicando nome, apelidos e lugar da convocatoria elixida. Non é necesario estar federado nin pertencer a unha escola.
Durante o Talent os deportistas deberán realizar unha serie de probas vinculadas ás esixencias a superar no Grao que elixisen. Un deportista pódese examinar do Grao que considere oportuno e será o tribunal do Talent quen lle realice as observacións e indicacións propias para a obtención do mesmo. A realización dun Talent está suxeita a un número mínimo de participantes, a unha taxa de inscrición e a unhas condicións óptimas para o seu desenvolvemento. Cumprindo estes requisitos o Talent realizarase nas datas establecidas por cada deporte no seu calendario correspondente de Graos. + info en: http://www.fgsurf.org/novas/cursos/743-galicia-albergara-el-primer-surftalent.html http://gradosdeevoluciondeportiva.es {fcomments}
|