Surf FGS Reunión das Escolas de Surf - FGS
Reunión das Escolas de Surf - FGS
Xoves, 30 Novembro 2017 19:10

A Federación Galega de Surf convoca unha reunión coas escolas de Surfing co propósito de realizar un balance de situación do ámbito formativo do Surfing de Galicia durante o 2017, e así expor un modelo de xestión das  Escolas de Surf Oficiais para o 2018.

A actividade docente en Surfing é considerada pola FGS como un dos servizos de maior potencial e importancia nas praias de toda Galicia. Esta actividade, ademais de ser produto turístico importante e dinamizador económico, supón o alicerce básico na educación de persoas sobre os comportamentos  adecuados nun espazo natural, cambiante,  perigoso, de dominio público e alta intensidade de uso como o son o mar e as praias. Consciente deste valor, a FGS mediante consenso e colaboración coas escolas, procura promover e mellorar unha docencia en todas as súas escolas oficiais que ensine aos alumnos condutas apropiadas para a sustentabilidade social e ambiental destes espazos.

A federación como institución está para velar polo futuro do Surf en Galicia. Por unha banda como deporte estritamente federativo (proxecto federativo deportivo), e doutra banda garantindo uns mínimos de calidade, seguridade e de promoción deportiva en toda practica organizada no territorio Galego. (titulacións oficiais, calidade de uso de praias, etc. )

Convocatoria 1 (zona norte):

Día: martes 12 de dicembre de 2017
Hora: 18.00h
Lugar: Praza Agustín Díaz Sánchez (Complejo Deportivo Elviña), 1. A Coruña. (SALÓN DE ACTOS).

Convocatoria 2 (zona sur):

Día: jueves 14 de dicembre de 2017
Hora: 18.00h
Lugar: Casa do Deporte, Vigo (Aula B).

Vendo a importancia deste  proceso formativo nas escolas de Surfing, a FGS decide convocar estas reunións na que se tratarán principalmente os seguintes temas:

  • Balance da normativa que regula a actividade das escolas de Surfing en Galicia. Petición por parte da Demarcación de Costas da Coruña dun estudo económico da actividade docente en Surfing.
  • Revisión do convenio de Escola Oficial de Surfing: requisitos e vantaxes.
  • Relación  entre Escolas Oficiais e Cursos de Formación.
  • Proposta dun proxecto ambiental entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e as Escolas Oficiais de Surfing.
  • Rogos, dúbidas ou preguntas.

Fonte da nova:

http://fgsurf.org/novas/comunicados.html

 
1 Vote

0 Comentarios

Engadir comentario


Completa o puzzle pra saber que non es un spammer
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: