Curso de Estratexia en surfing - Kako García |
Xoves, 07 Decembro 2017 11:39 | |||
Primeira edición deste curso no que un dos adestradores máis importantes a nivel nacional exporá o seu coñecemento en estratexia e adestramento de competición. Kako García impartirá formación sobre o adestramento para a competición, que demostrou e mellorou na súa traxectoria como adestrador en surfing. Este curso de formación desenvolverase en 2 xornadas, o venres 15 de decembro de 16.00h - 20.00h e sábado 16 de decembro de 10.00h - 14.00h + 16.00h - 20.00h. Un total de 12 horas. Aplicou os seus coñecementos na Selección Española de Surf, na Selección Galega de Surf e cos riders da súa escola. Unha experiencia de anos que compartirá nesta formación. O curso vai dirixido principalmente a adestradores e deportistas de calquera modalidade de surfing. Ficha técnica do curso:
+ info na web da FGS: http://fgsurf.org/novas/cursos
|