Venres, 20 Xaneiro 2017 09:48 |
Mick Fanning presenta este vídeo de surf en Irlanda gravado este ano aproveitando que non hai competición con baños nas ondas máis coñecidas e potentes da illa esmeralda. Mick é fillo dun irlandés e ten familia en Irlanda polo non se sinte turista cando se atopa na illa na procura de surf.
|
Ler máis...
|
Luns, 26 Decembro 2016 21:14 |
Estas son as dez mellores ondas do 2016 seleccionadas por Surfing Magazine que te van sorprender pola perfección das manobras, a profundidade dos tubos e a altura dos aéreos de John John Florence entre outros. |
Ler máis...
|
Martes, 20 Decembro 2016 19:38 |
Resumo da final de hoxe en Nazaré que rematou coa victoria de Jamie Mitchell por diante de Carlos Burle, Antonio Silva, Pedro Calando, Nic Lamb e Joao De Macedo en ondas de máis de 30 pés e condicións bastante dura con mar cruzado. |
Ler máis...
|
Martes, 20 Decembro 2016 10:08 |
Michel Bourez é o novo campión do Billabong Pipe Masters 2016 despois de facer un gran campionato pasando todas as súas mangas con tubos espectaculares e un surf potente. A final tivo poucas ondas pero suficientes pra puntuar máis que Kanoa Igarashi, a sorpresa do evento, que eliminou a Jordy Smith e Kelly Slater entre outros.
|
Ler máis...
|
Xoves, 15 Decembro 2016 09:20 |
Resumo oficial da WSL do primeiro día de competición do Billabong Pipe Masters en Hawaii cos mellores surfeiros do planeta. |
Ler máis...
|
Luns, 05 Decembro 2016 16:30 |
Seguimos hoxe con surf en Hawaii e esta homenaxe a Off the Wall, unha dereita clásica tubeira moi rápida que rompe ao carón da esquerda de Pipeline, na illa de Oahu, en Hawaii. Moitos pros na agua e varios campións mundiais como Parko e John John desfasando e mostrando porque Hawaii é a capital mundial do surf. |
Ler máis...
|
|
Luns, 05 Decembro 2016 16:12 |
O sudafricano Jordy Smith foi o vencedor en Sunset da segunda proba da Triple Crown of Surfing nunha final moi axustada na que destacou o portugués Frederico Morais que por momentos estivo cerca da victoria. Jordy fixo un surf moi preciso e potente con xiros demoledores e pasou todas as súas mangas sen problema. Torrey Meister tamén fixo unha grande competición pillando algunhas das mellores ondas deste días xunto con Tanner Gudauskas. |
Ler máis...
|
Venres, 25 Novembro 2016 09:47 |
Impresionante vídeo da onda artificial producida por Kelly Slater Wave Co. con Malia Manuel, Lakey Peterson, Sage Erickson e Coco Ho entubando e disfrutando dunha onda con moito potencial. |
Ler máis...
|
Martes, 15 Novembro 2016 08:35 |

O rider galego Gony Zubizarreta volveu mostrar o seu bo surf pasando de primeiro na súa manga Heat 1 da terceira ronda de competición no Haleiwa Pro por diante de Mitch Crews, Adriano de Souza e Bino Lopes. Grazas a dúas boas ondas e un 7.00 e un 7.63 xa temos a Gony clasificado para a cuarta ronda. Debaixo tedes o vídeo WSL da manga:
|
Ler máis...
|
Domingo, 13 Novembro 2016 11:06 |

Gony Zubizarreta comeza ben este ano en Hawaii pasando de primeiro a súa manga na Ronda 2 en Haleiwa con dúas boas ondas de 6.10 e 6.83 grazas a varias manobras explosivas ben. Agora imos desexarlle sorte na seguinte ronda e que teña un bo final de temporada en competición. 
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 13 |