Surf Internacional
Nixon Surf Challenge 2013 [VIDEO]
Luns, 03 Xuño 2013 00:00

Potente vídeo resumo da 12ª edición do Nixon Challenge desputado nas frías augas do norte de Islandia, dentro do círculo polar e no que estivo presente Gony Zubizarreta como representante do surf galego. Os mellores riders de Europa participaron neste evento en augas xeadas e arrodeados de montañas cubertas de neve.

Ler máis...
 
Esta semana comeza o Billabong Rio Pro 2013!
Luns, 06 Maio 2013 00:00

Este mércores vai dar comezo o Billabong Rio Pro 2013, a terceira proba do ASP World Tour, que vai ter lugar na barra de Tijuca en Río de Xaneiro. Podedes seguir online o evento no site de wctbrasil.com/rio13.

Os riders brasileiros van tentar vencer nesta proba e contan con riders en moi boa forma como Adriano de Souza que venceu o pasado mes en Bells Beach.

Ler máis...
 
Gony zubizarreta eliminado en Margaret River
Xoves, 21 Marzo 2013 14:25

Actualizado venres: Gony non puido pasar a súa manga por uns escaso 0,50 puntos. Reamatou terceiro por detrás deTom Withaker e Aritz Aranburu. No vídeo tedes as mellores imaxes da manga.

Xoves: Noraboa a Gony Zubizarreta que rematou a súa primeira manga na primeira posición cun 8,33 + 8,03 = 16,36 puntos en Margaret River. Adrian Buchan tamén pasou a manga quedando fora Alex Ribeiro e Ezakiel Lau. Seguiremos informando.

Ler máis...
 
Lusitania - Fotosplino [VIDEO]
Sábado, 02 Febreiro 2013 11:25

Angel Fotosplino foi testigo da sesión XXL de Nazaré a pasada semana e fixo este espectacular vídeo que superou as 5.000 visitas no seu primeiro día. Na auga riders como Antonio da Silva, Axi Muniain, Kealii Mamala e Garret McNamara xogaronse a vida entre ondas de case 10 metros. A derradeira onda do vídeo é a da fotografía que percorreu o planeta. Unha pasada. Recomendado!

Ler máis...
 
Mensaxe de Gony dende Hawaii [VIDEO]
Martes, 29 Xaneiro 2013 11:52

A primeira proba importante do ano en Hawaii, o Volcom Pipe Pro, leva dous días en modo "Off" na espera de boas ondas e dende alí Gony envía esta mensaxe falando das súas espectativas e da primeira manga. Vídeo: Cerveza Salada.

Debaixo tedes o vídeo do primeiro día de ondas e surf moi potente en Hawaii pero sen competición. Seguiremos informando vía Facebook.

Ler máis...
 
Sesión XXL en Nazaré [VIDEO]
Domingo, 20 Xaneiro 2013 00:00

Impresionante documental con Shane Dorian, Eric Rebiere e Benjamin Sanchis 'Billabong Adventure Division' surfando a onda de Nazaré o pasado 11 de Xaneiro sen motos de auga. Puro surfing con tres dos mellores riders mundiais de olas xigantes moi preto da nosa casa.

Ler máis...
 
Dúas nominacións 2012 "XXL Big Wave Awards" para os vídeos de Bruno Novoa
Xoves, 10 Xaneiro 2013 00:00

Bruno Novoa ven de presentar dous vídeos nominados para os 'Billabong XXL Big Wave Awards 2012'. O primeiro vídeo competiu na categoría 'Ride of the Year' coas imaxes de Andrew Cotton (Inglaterra) en Mullaghmore, Irlanda.

Na categoria de 'Wipeout' (golpes) as imaxes do rider inglés Tom Butler sufrindo un cerrojazo inmenso na onda de Mullaghmore, Irlanda, foi o seleccionado.

Ler máis...
 
Axi Muniain publica unha reportaxe de ondas galegas XXL no Surfline
Luns, 07 Xaneiro 2013 21:44

SURFLINE GALICIAO 2013 comeza cunha sorpresa do rider basco Axi Muniain que ven de publicar unha reportaxe sobre as ondas galegas XXL no Surfline. A reportaxe conta con 17 imaxes de diferentes spots da Costa da Morte e da Mariña Luguesa. Esperamos que Axi estea moi contento de contar os nosos segredos e que reciba moitos parabens na súa terra e nos USA.

A finais do 2011 houbo un forte enfrontamento entre Axi e o seu equipo co fotógrafo Bruno Novoa e o equipo de Eric Rebiere. Nesta discusión tratouse o tema do diñeiro e o prezo das fotografías, houbo acusacións fortes e reclamacións de dereito de propiedade por parte de Axi Muniain sobre unha onda como se fose unha concesión administrativa ou algo así.

Trece meses despois as fotos de varios secrets galegos XXL son publicados a cambio de diñeiro. Quen se lucra? Quen explota as ondas agora?? Seica non querían manter o segredo ou mais ben vender eles o segredo? Agora xa podedes sacar as vosas conclusións como surfeir@s pensantes que sodes...

Ler máis...
 
Confirmados os 34 surfeiros do Top Mundial para o 2013
Domingo, 23 Decembro 2012 00:00

Velaquí tedes a listaxe dos 34 surfeiros que van disputar o vindeiro ano o Campionato Mundial de Surf encabezada por Joel Parkinson, Kelly Slater, Mick Fanning, John John Florence e Adriano de Souza. O 2013 ASP World Championship Tour comezará en Australia o próximo mes de Marzo na Gold Coast  coa proba de Snapper Rocks. Foto: Sebastien Zietz. Foto: ASP/ SCHOLTZ

Ler máis...
 
Os 10 Wipeouts máis heavys do 2012!
Mércores, 19 Decembro 2012 00:23

Velaquí tedes un impresionante vídeo de Surfline coas mellores caídas e talegazos varios deste ano que remata. Kalani Chapman fala da súa terrible experiencia en Tehaupoo, Danny Fuller e Josh Kerr contan o que sufriron en Pipeline, Ryan Hipwood e Chris Sanahan en The Right, Matt Meola e Garret McNamara en Jaws, Rusty Long en Puerto Escondido co seu brazo colgando ao saír da auga e outros máis...

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 13


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: