Cartel
Surf Internacional
Parko vence en Pipeline e proclámase Campión Mundial de Surf ASP 2012
Sábado, 15 Decembro 2012 12:46

Joel Parkinson "Parko" levouse a pasada noite a victoria no Billabong Pipe Master fronte a Josh Kerr e tamén a coroa de Campión Mudial de Surf 2012. Deste xeito pecha un ano magnifico despois dunha grave lesión no nocello cun resultado fantástico.

RESULTADOS DO RANKING ASP WORLD TOUR 2012

1 – Joel Parkinson (AUS) 58,700 pts
2 – Kelly Slater (USA) 55,450 pts
3 – Mick Fanning (AUS) 47,000 pts
4 – John John Florence (HAW) 44,350 pts
5 – Adriano de Souza (BRA) 42,350 pts 

Ler máis...
 
Kelly Slater ou Joel Parkinson? O Campionato Mundial de Surf está en xogo!
Martes, 11 Decembro 2012 13:28

Xa só dous surfeiros poden optar ao titulo mundial coa eliminación de Mick Fanning, e este ano o Billabong Pipeline Masters coroará ao campión do mundo de surf ASP 2012. O australiano  Joel Parkinson (Parko) ou o americano Kelly Slater son os únicos surfeiros que poden chegar a conseguir este título Mundial. Para que gañe Parko, este necesita quedar dúas roldas por diante de Kelly ou gañar o evento!!

RESULTADOS BILLABONG PIPE MASTERS ROUND 4:

Heat 1: Sebastian Zietz (HAW) 16.40, Damien Hobgood (USA) 14.17, Dane Reynolds (USA) 9.96
Heat 2: Joel Parkinson (AUS) 18.10, C.J. Hobgood (USA) 6.20, Kieren Perrow (AUS) 5.83

PENDENTE BILLABONG PIPE MASTERS ROUND 4 MATCH UPS:

Heat 3: Gabriel Medina (BRA), Josh Kerr (AUS), Kelly Slater (USA)
Heat 4: Yadin Nicol (AUS), Miguel Pupo (BRA), Shane Dorian (HAW)

O millor do segundo día de competición

Podedes seguir en directo o evento online na web:

vanstriplecrownofsurfing.com/billabongpipemasters2012/live-pt

Ler máis...
 
Mangas de Gony e Aritz en Haleiwa [VIDEO]
Luns, 26 Novembro 2012 00:00

A pasada semana Gony Zubizarreta e Aritz Aranburu competiron no Reef Haleiwa celebrado en Hawaii e que rematou coa victoria do Sebastian Zietz nunha sorporendente final non 17.76 puntos sobre 20, John Florence - 14.7, Fred Patacchia 13.5 e Alejo Muniz - 8.7. Neste vídeo tedes a unhas cantas boas ondas destes dous riders que levan a bandeira de Euskadi e Galicia alá onde compiten. Gony chegou até 64 e Aritz até 32.

  Mangas de 64 e 32

Ler máis...
 
Ranking Mundial despois de Supertubos
Sábado, 20 Outubro 2012 23:33

Gabriel Medina en Supertubos, Peniche.

Clasificación do Mundial

Rank Cambio
Surfer
País
Puntos
1
Parkinson,Joel
AUS 5 3 2 9 2 2 3 3 52700
2
Slater,Kelly
USA 5 2 INJ 1 13 1 1 13 47200
3
Fanning,Mick
AUS 13 1 3 3 1 3 13 9 47000
4
Florence,John John
HAW 13 9 1 5 3 5 3 5 44350
5 1 De Souza,Adriano
BRA 2 9 5 5 13 3 25 3 37650
6 6 Wilson,Julian
AUS 9 25 5 5 9 9 13 1 34650
7 -2 Burrow,Taj
AUS 1 13 9 5 9 5 13 13 33650
8 1 Medina,Gabriel
BRA 25 13 25 2 5 9 5 2 33150
9 -2 Wright,Owen
AUS 5 5 13 9 3 25 9 5 32350
10 -2 Kerr,Josh
AUS 3 5 3 13 13 9 25 5 31400

A falta de dúas probas o Campionato do Mundo de Surf está moi axustado e vaise decidir nas dúas últimas probas do World Tour ASP. Joel Parkinson vai de primeiro e é rider a superar. Kelly Slater e Mick Fanning son serios aspirantes que están a uns 5.000 puntos de distancia. Julian Wilson foi o gañador en Supertubos nunha final polémica contra Gabriel Medina.

Estade atentos e seguide en directo a vindeira proba que vai ter lugar O’Neill Cold Water Classic en Santa Cruz, California a partir do 1 ao 11 de Novembro.

Ler máis...
 
Corrupción política no mundo do surf en Ericeira
Luns, 06 Agosto 2012 00:00

Os políticos portugueses da Câmara Municipal de Mafra decidiron a pasada semana botar fora a xente do mítico Ribeira Surfcamp situado en Ribeira D´ilhas e fundado polo rider Tiago Oliveira coa excusa de facer un novo surfcamp en mans dos amigos dos políticos locais. Este caso de corrupción a man de poderosos mostra a pouca falta de escrupulos de algunha xente pra se aproveitar da súa posición e arruinar a un dos mellores surfcamps portugueses.

Segundo comenta no seu blog Eric Rebiere este surfcamp foi fundado cando o surf non era un negocio interesante e non movía moito diñeiro pero agora as cousas son diferentes e todo vale pra terminar cunha empresa mítica do surf europeo e todo o traballo feito por Tiago Oliveira a prol do surf en Ericeira.

Ler máis...
 
A Brokedown Melody
Xoves, 21 Xuño 2012 22:52

Pra rematar a semana velaquí tedes un dos mellores vídeos da historia do surf 'A Brokedown Melody'. Este vídeo mostra o lado oculto e máis íntimo das viaxes de surf en diferentes contextos. Riders: Kelly Slater, Tom Curren, Gerry Lopez, the Malloy's, Rob Machado, CJ Hobgood, Jack Johnson e otrous. Ten imaxes de Kelly Slater e os irmáns Malloy surfando dous ondas que nunca foran surfeadas antes. Spots: Jamaica, Indonesia, Tahiti, Hawaii, México e América do Sur.

Ler máis...
 
Día Internacional do Surf 2012
Mércores, 20 Xuño 2012 10:37

International Surfing Day

Hoxe é o Día Internacional do Surf e haberá eventos, actos, limpezas por todo o planeta. O surfing non para de medrar como deporte e como xeito de vida e neste vídeo podedes ver a parte das estrelas do mundo do surf falando sobre os seus comezos e o significado do surfing pra eles. Parabéns a todos os riders!

Ler máis...
 
Cancer a Capricornio [VIDEO]
Venres, 08 Xuño 2012 01:25

Xa pra rematar a semana déixovos, De Cancer a Capricornio, un vídeo de surf internacional de 43 minutos de duración no que estrelas do surf como Rob Machado e Mick Fanning buscan ondas perfectas e novas experiencias culturais dende o Trópico de Cancer ata o Trópico de Capricornio.

Ler máis...
 
'Valley of Scum' Val de Lixo [VIDEO]
Venres, 25 Maio 2012 01:32

Xa é venres e os partes de ondas non son moi favorabeis así que se tedes algo de tempo podedes gozar deste vídeo 'Valley of Scum' do 2011. Este vídeo foi producido por Volcom e nel aparecen as súas estrelas: Ozzy Wrong, Mylee Grace, Rocky River + Hombre Lobo. 100% aéreos por todo o planeta. Animación de Jimmy James Kinnaird e Ozzy Wrong.

Ler máis...
 
Surfing Favela [VIDEO]
Venres, 20 Abril 2012 19:06

Surfing Favela é un documental gravado no 2005 nas favelas de Cantagalo e Rocinha en Brasil con máis de 250.000 habitantes e mostra como o surfing pode axudar na integración social de moitos xóvenes con problemas en Brasil.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 13


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: