Surf Internacional
The Hot 100 Movie [VIDEO]
Venres, 13 Abril 2012 14:00

Surfer Magazine presentou este mes a 2012 Hot 100 Movie cos mellores riders xóvenes do momento en varios spots do planeta. Este é o futuro del surf condesado en 38 minutos de surf potente e radical. Podedes descagar este vídeo de surf de balde en: www.surfermag.com


Ler máis...
 
¿Queres estudar, traballar e surfear en Australia?
Luns, 26 Marzo 2012 14:39

EDU Consultancy Services é unha consultoría de educación e inmigración internacional especializada en Australia que iniciou os seus servizos na Gold Coast, Australia en 2001 e posúe representantes en varios países. Dispoñen de contratos para matriculación de estudantes internacionais con escolas primarias e secundarias, escolas de inglés, colexios técnicos e universidades en toda Australia tanto pública como no privadas.


Ler máis...
 
Blow Up [VIDEO]
Venres, 23 Marzo 2012 11:40

E xa pra rematar esta semana, velaquí tedes un vídeo de surf de Billabong do ano 2011 no que ides ver o talento da nova xeración de surfeiros do seu equipo, xente  como Creed McTaggart, Ryan Callinan, Ian Gentil, Jack Freestone, Laurie Towner e Granger Larsen levan o surf a unha seguinte dimensión.

Ler máis...
 
Icons of Aloha [VIDEO]
Venres, 17 Febreiro 2012 01:58

Icons of Aloha é un vídeo coas mellores sesións do inverno do ano pasado en Hawaii e con riders míticos e entrevistas a persoeiros do mundo do surf. Alana Blanchard, Stephen Koehne, Ross Williams, Sean Moody e Shane Dorian falan das súas experiencias na auga e tamén aparecen outras lendas do surf como Taylor Knox, Mick Fanning e Rob Machado. 23 minutos de surf para recibir este venres!

Ler máis...
 
Sorry We Are Open [VIDEO]
Venres, 10 Febreiro 2012 13:25

Aproveitamos este venres pra vos invitar a ver este vídeo de surf  "Sorry, We're Open", presentado o 2011 e que ten como protagonistas as estrelas do surfing Clay Marzo, Dion Agius e Ry Craike. As ondas do vídeo foron grabadas en Indonesia, Francia e Hawaii. Moitos tubos e aéreos pra disfrutar media hora diante da pantalla estes días fríos de inverno. Boa fin de semana!


Ler máis...
 
A ASP comezará a facer probas antidopaxe este ano
Venres, 20 Xaneiro 2012 13:31

ASP SURFA ASP International estreará este ano unha nova política antidoping entre os mellores riders mundiais nas probas do Campionato Mundial de Surf 2012. Esta medida foi tomada por consenso entre todas as partes e ten como obxectivo axudar a mellorar a imaxe do tour e facela máis profesional.

Os 34 surfeiros e as 17 surfeiras que competirán no World Tour someteranse a este tipo de controis durante os eventos que se fagan por todo o planeta. O modelo empregado será o recoñecido pola Axencia Mundial contra a dopaxe (WADA) que ten unha listaxe de sustancias prohibidas e diferentes procedementos pra facer os tests de dopaxe.

Ler máis...
 
ASPeurope.com estrea nova web e publica o Calendario Oficial 2012
Venres, 13 Xaneiro 2012 00:05

ASP SURF

A sección europea da ASP ven de estrear nova versión web www.aspeurope.com con melloras na accesibilidade e novas funcionalidades coas que espera fortalecer a súa presenza en internet. Tamén acaban de publicar o Calendario Oficial de Eventos ASP 2012 en Europa e temos que salientar a presenza de dous eventos galegos dentro do calendario que serán o Ferrolterra Pantin Classic, os días 11-16 de Setembro con 155.000 $ en premios en metálico e unha proba de 6 estrelas ASP feminina con 40.000 $ en premios.

Ler máis...
 
Surf Madness [VIDEO]
Venres, 06 Xaneiro 2012 02:48

Neste ano 2012 imos comezar a publicar información internacional do mundo do surf pra estarmos informados de como vai o Mundial e as novas da ASP. Pra estrear esta sección apreséntovos un vídeo do 2011 feito polo surfeiro Sterling Spencer, cun punto de vista cómico e medio tolo da súa visión do surf actual. No vídeo tamén aparecen Taj Burrow, Shane Dorian, Dane Reynolds, Jordy Smith, Timmy Curran, Rob Machado e outras estrelas do surf surfeando ondas como Pipeline, Ours, Shipsterns, Teahuppo, etc..

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 13

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: