Sábado, 24 Outubro 2015 16:02 |
Velaquí tedes o resumo oficial dos tres primeiros días de competición en Supertubos, Peniche, con ondas pequenas pero ben xeitosas onde os pros están a destacar con bos aéreos e un surf moi rápido.
|
Ler máis...
|
Martes, 20 Outubro 2015 09:13 |
Hoxe non hai competición en Supertubos pero está todo preparado pra comezar o Moche Rip Curl Pro Portugal, a décima proba do World Tour en Supertubos, Peniche. Mick Fanning (AUS) e Adriano de Souza (BRA) van loitar polo título que cada vez está máis preto das súas mans.
|
Ler máis...
|
Venres, 09 Outubro 2015 08:52 |

Por segundo día temos a sorte de poder ver online a novena proba do circuíto mundial de surf con olas potentes en Hossegor e os mellores riders do planeta na auga. As previsións son bastante boas e parece que imoss ter competición toda a fin de semana. Foto: ASP.
|
Ler máis...
|
Domingo, 06 Setembro 2015 20:04 |
Nate Tyler, Chippa Wilson e Dion Agius acaban de crear unha nova marca de grips chamada Octopus is real e para celebralo publicaron este vídeo desfasado con aéreos e surf moi radical. Realmente paga a pena ver este vídeo potente e moi eléctrico!
|
Ler máis...
|
Mércores, 26 Agosto 2015 09:08 |
Onte foi un gran día de surf en Tahití con moita emoción e boas ondas nas que os pros puideron pelexar polos millores tubos. O rider francés Jeremy Flores foi pasando manga a manga cun excelente estilo backside e meteuse na final deixando a Kelly Slater fóra por moi pouco. Gabriel Medina tampouco foi rival para Jeremy que por fin levantou un trofeo ben merecido. |
Ler máis...
|
Domingo, 23 Agosto 2015 18:46 |
Velaquí tedes un dos máis fermosos vídeos deste ano grazas ás tomas aéreas na mítica onda de Teahupoo en Tahiti. Recomendamosvos ver este vídeo en calidade HD e pantalla completa. |
Ler máis...
|
|
Martes, 18 Agosto 2015 18:26 |
Despois de ver este novo vídeo profile de Shane Dorian coas súas millores ondas en diferentes spots do planeta remando ou coa moto quedo pensando se realmente Shane Dorian é o surfeiro máis completo e polivalente do planeta. Evidentemente Shane xa non compite no circuíto mundial pola súa idade pero a súa condición física é excepcional e incluso inventou un neopreno con sistema salva-vidas incorporado. |
Ler máis...
|
Mércores, 12 Agosto 2015 08:48 |
Xa está todo preparado para o comezo da proba WSL máis espectacular do circuíto mundial en Tahiti. Outra vez a onda de Chopos 'Teahupoo' vai se-la protagonista dende o día 14 de Agosto e contará coa presenza dos millores riders do planeta! |
Ler máis...
|
Xoves, 30 Xullo 2015 22:56 |
Este 1 de Agosto abrirá as súas portas ao público, Surf Snowdonia, o primeiro parque de ondas artificiais creado baixo a licenza de Wave Garden e que pode producir unha onda por minuto que poden surfear dous riders ao mesmo tempo. Comezará a súa actividade co 50% do seu potencial pero en breves esperan ofrecer ondas de até 2 metros por un prezo entre 19 e 40 libras por unha hora de surf.

|
Ler máis...
|
Luns, 27 Xullo 2015 15:40 |

Hoxe mesmo acaba de comezar o Vans US Open of Surfing en Huntington Beach no que participa Gony Zubizarreta no Heat 10 da primeira ronda e podedes seguir en directo na seguinte ligazón: http://www.worldsurfleague.com/events/2015/mqs/1256/vans-us-open-of-surfing
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 13 |