Venres, 24 Abril 2015 07:41 |
Adriano de Souza (BRA) é o novo vencedor do Drug Aware Margaret River Pro 2015 e deste xeito é o novo lider do Samsung Galaxy Championship Tour. Despois de oito rondas de competición, De Souza derrotou a John John Florence (HAW) nunha intensa final. Tamén eliminou ó 11 veces campeón do mundo Kelly Slater (USA) e a Taj Burrow (AUS) nas semifinais deixa fóra de xogo aos millores riders australianos.
Vídeo da final co resume das millores ondas. |
Ler máis...
|
Martes, 14 Abril 2015 00:46 |
Esta noite vai dar comezo a terceira proba da World Surf League 2015 con moito espectáculo xa que se espera un swell masivo en Margaret River, Australia. Despois de dúas probas Filipe Toledo e Mick Fanning están empatados na primeira posición do ranking con 15.200 puntos como podedes ver na seguinte táboa da WSL:

|
Ler máis...
|
Martes, 24 Febreiro 2015 08:40 |
Se queredes ver un bo vídeo sobre o nivelazo actual do surf portugués protagonizado por Nic Von Rupp e moitas grandes estrelas como Tiago Pires, Vasco Ribeiro, Frederico Morais, Yadin Nicol e o shaper de Semente non vos podedes perder este traballo de Gustavo Imigrante con moitas entrevistas e sesións en Portugal e California dentro do proxecto 'My Road Series'. |
Ler máis...
|
Domingo, 22 Febreiro 2015 22:05 |
A vindeira semana va dar comezo o circuito mundial de surf WSL 2015 coa proba Quiksilver Pro Gold Coast na praia australiana de Snappers Rocks e que vai reunir aos millores riders do planeta. Este ano, Gabriel Medina vai ter que defender o seu título e veremos se pode coa presión do circuito. A partires do día 28 de Febreiro ata o 11 de Marzo imos ter o espectáculo asegurado.
|
Ler máis...
|
Martes, 17 Febreiro 2015 17:33 |
Espectacular vídeo con ondas máxicas de Gony Zubizarreta e os riders bascos Aritz Aranburu, Hodei Collazo, Imanol Yeregi e Indar Unanue en diferentes spots de Peniche e Ericeira grabado este inverno pola cámara de Igor Bellido.
|
Ler máis...
|
Luns, 16 Febreiro 2015 09:30 |
Vans acaba de presentar a súa nova película de surf '6 Weeks of Aloha' totalmente de balde coas imaxes dos tres eventos da Triple Crown of Surfingque se celebran no North Shore Hawaiiano e que durante seis semanas son o epicentro mundial do surf.
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 21 Decembro 2014 20:51 |
Velaquí tedes o vídeo de homenaxe ao novo campión mundial de surf, Gabriel Medina, feito por Rip Curl coas súas millores ondas destes últimos anos en competión e sesión libres de surf. Noraboa a este xoven brasileiro de 20 anos que é a revelación do ano e por fin rachou coa hexemonía dos USA e Australia dende os comezos do surf no século XX.
|
Ler máis...
|
Sábado, 22 Novembro 2014 10:10 |

Xa falta menos para que comece a Vans World Cup of Surfing en Sunset Beach. Este evento é a segunda proba da Triple Crow Hawaiiana e promete ofrecer un bo espectáculo nunha onda potente e tamañeira. Na auga imos poder ver algúns pros e tamén riders locais que buscan un sitio no World Tour. Estade listos porque este luns arranca o surf en Hawaii.
|
Ler máis...
|
Martes, 21 Outubro 2014 16:31 |
O Campionato de Peniche deixou grandes sesións de surf libre os días de descanso. Outra mostra é este vídeo dun día de moito vento e moitos tubos en Praia da Baia con Kelly Slater, Andino, Patacchia, Von Rupp, Adrian Buchan e outros. Viva Portugal!
|
Luns, 20 Outubro 2014 19:12 |

Mick Fanning é o novo campión do Moche Rip Curl Pro 2014 en Peniche despois de vencer a Jordy Smith que soamente pillou unha onda nunha final controlada completamente polo tricampión mundial de surf. Deste xeito o autraliano métese de novo na loita polo título mundial con Kelly Slater e Gabriel Medina. Pipeline decidirá de novo! Foto: ASP
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 8 de 13 |