Sábado, 18 Outubro 2014 21:23 |
Kelly Slater volveu asombrar a todo o planeta con este aéreo 540º que rematou cun 720º na auga esta semana nun baño libre en Portugal. Impresiona ver como un rider de 42 anos pode ser un dos firmes lideres do WCT e tamén facer novas manobras por diante de moitos surfeiros máis novos. Vídeo de SurfTotal.com
|
Mércores, 15 Outubro 2014 08:23 |
Bañazo libre en Peniche dos pros internacionais que están a competir no WCT Moche Rip Curl Pro 2014 de Peniche. Kellly, Taj, Fanning, Kerr, Kohole, Jordy e amigos mostran o seu talento fora de competición o día anterior ao comezo do evento.
|
Domingo, 12 Outubro 2014 19:51 |
O rider brasileiro Jadson Andre proclamouse campión do Cascais Billabong Pro 2014 que tivo lugar a pasada semana en Portugal ao vencer ao australiano Stu Kennedy nunha final con ondas de tres cuartos de metro. O evento contou con boas ondas e a presenza de varios riders habituais do World tour. Debaixo tedes o vídeo coas millores imaxes do día final da competición.
|
Ler máis...
|
Domingo, 05 Outubro 2014 20:50 |
John John Florence é o gañador do Quiksilver Pro France 2014 despois de facer un surf espectacular en condicións potentes con ondas de dous metros e bos tubos. Debaixo tedes o vídeo coas mellores imaxes da xornada final.
|
Ler máis...
|
Sábado, 06 Setembro 2014 20:19 |
Vans apresenta o seu novo vídeo das series Get-N Classic con imaxes de surf por todo o planeta e cos riders Nathan Fletcher, Joel Tudor, Dane Reynolds, the Gudauskas’ brothers, Nathan Florence, Leila Hurst e outros do seu equipo desfasando como sempre. Unha gozada de vídeo para este días con poucas ondas. Xa falta menos... |
Ler máis...
|
|
Martes, 26 Agosto 2014 09:09 |
Gabriel Medina é o novo campión do Billabong Pro Tahiti. Debaixo tedes o vídeo da final enteira na que pelexou moi duro con Kelly Slater.
|
Ler máis...
|
Domingo, 20 Xullo 2014 11:23 |
Moitas ondas e espectaculares ondas no derradeiro día de competición en Jeffrey's Bay que rematou coa victoria do australiano Mick Fanning nunha final moi disputada. Esta proba foi con diferencia a mellor do ano e puidemos disfrutar de Parko, Kerr, Medina, Wilco, Owen Wright entre outros facendo tubos e correndo ondas moi longas.
|
Ler máis...
|
Xoves, 22 Maio 2014 20:32 |

Noraboa a Gony Zubizarreta Moya que xa está clasificado para a Ronda 5 despois de pasar tres mangas do Saquarema Quiksilver Prime e eliminar a Patrick Gudauskas na cuarta ronda facendo un 16.44 fronte os 9.60 do americano. Agora Gony vai desputar a ronda 5 contra o brasileiro Alex Ribeiro e desexamoslle forza e boas ondas pra que poida chegar a cuartos de final. Podedes seguir o evento online en: http://www.ziulscores.com.edgesuite.net/aspsth/2014/index.html#/live
|
Ler máis...
|
Xoves, 03 Abril 2014 22:55 |
Impresionante vídeo coas cinco ondas nominadas aos Billabong XXL deste ano. Todas elas son impresionantes e ben merecen gañar. Grant Baker en Dungeons, Shane Dorian, Sahun Walls e Billy Kemper en Jaws e Greg Long en Puerto Escondido son os nominados pola súa coraxe e valentía remando ondas sen necesidade de motos de auga en condicións límite. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 13 |