Mércores, 19 Marzo 2014 14:29 |
Brutal! Un novo vídeo gravado con cámara aérea que nos chega dende a costa este de Australia e que mostra os novos ángulos do surf do século XXI. Novas imaxes de gran beleza pero onde os riders se xogan a vida entre os fondos e as rochas da costa de 'Ours' en Cape Fear. Vídeo de Marc Hamilton.
|
Mércores, 12 Marzo 2014 00:12 |

Seica novos tempos corren na ASP e os seus novos donos e alguén moi intelixente decidiu que o tempo de compartir os vídeos dun xeito público xa pasaron. É triste ver como o traballo de centos de webs e blogs pra compartir as noticias da ASP non é valorado e agora queren levar todo o tema das visualizacións por Youtube ou pasando pola súa web.
|
Ler máis...
|
Domingo, 02 Marzo 2014 21:43 |
Velaquí tedes o vídeo resumo coas mellores imaxes do primeiro día de competición do World Tour ASP 2014 que ten lugar na Gold Coast e no que participan todas as estrelas mundiais do momento. Impresionantes tubos de John John Florence e Kelly Slater, aéreos de Josh Kerr, xirazos de Gabriel Medina e moito espectáculo a pesar da baixa calidade das ondas. |
Ler máis...
|
Luns, 16 Decembro 2013 10:59 |
Mick Fanning é o novo campión do ASP World Tour despois dun ano de excelentes resultados en competión tras chegar ata cuartos de final en Pipeline onte a noite. O evento foi para Kelly Slater que se proclamou vencedor do Pipeline 2013 mostrando unha clara superioridade na auga, soamente o xoven hawaiiano J. John Florance puido enfrontarse a Kelly nunha final sen ondas pero que nos derradeiros oitos minutos recibiu varias ondas que puideron coller e surfear. Fotos: ASP 
|
Ler máis...
|
Domingo, 24 Novembro 2013 23:01 |
Velaquí tedes o vídeo coa nominación aos XXL Billabong 2014 co wipeout de Antonio da Silva nas Tremosas o pasado 27 de Outubro e recollidas por Samuel Northcoast. |
Ler máis...
|
|
Martes, 24 Setembro 2013 21:36 |
Outro ano máis a proba francesa do ASP World Tour vaise disputar nas praias de Hossegor coa presencia dos surfeiros máis importantes do planeta e estarán presentes os grandes medios de comunicación e de todo o circo surfeiro internacional dende o 26 de Setembro ata o vindeiro 6 de Outubro.
|
Ler máis...
|
Domingo, 15 Setembro 2013 11:47 |
Este domingo 15 de Setembro comeza unha nova proba ASP World Tour na mítica onda californiana de Lowers cos millores riders do planeta. Nesta séptima proba do mundial vaise desputar un forte man a man entre Kelly Slater e Mick Fanning pola primeira praza do ranking que actualmente lidera Kelly aos seus 41 anos. |
Ler máis...
|
Luns, 19 Agosto 2013 00:00 |
Despois dun bo campionato o rider galego Gony Zubizarrera non puido pasar da ronda 5 no Lacanau Pro nunha manga complicada na que temén foi eliminado Aritz Aranburu.
|
Ler máis...
|
Mércores, 12 Xuño 2013 19:52 |
Kelly Slater é o novo campión do Volcom Fiji Pro 2013 celebrado en Cloudbreak na illa de Tavarua en Fiji nunha final fronte o australiano Mick Fanning en ondas de 2 a 3 metros e con lixeiro vento offshore. Kelly Slater arrasou en semis e en cuartos nos que puntuou un 20 sobre 20. Mick Fanning chegou á final despois dunha semifinal moi axustada contra C. Hobgood. Na final Kelly estivo impresionante como podedes ver no seguinte vídeo.
Resumo do derradeiro día do Volcom Fiji Pro 2013
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 10 de 13 |