Surf Internacional Axi Muniain publica unha reportaxe de ondas galegas XXL no Surfline
Axi Muniain publica unha reportaxe de ondas galegas XXL no Surfline
Luns, 07 Xaneiro 2013 21:44

SURFLINE GALICIAO 2013 comeza cunha sorpresa do rider basco Axi Muniain que ven de publicar unha reportaxe sobre as ondas galegas XXL no Surfline. A reportaxe conta con 17 imaxes de diferentes spots da Costa da Morte e da Mariña Luguesa. Esperamos que Axi estea moi contento de contar os nosos segredos e que reciba moitos parabens na súa terra e nos USA.

A finais do 2011 houbo un forte enfrontamento entre Axi e o seu equipo co fotógrafo Bruno Novoa e o equipo de Eric Rebiere. Nesta discusión tratouse o tema do diñeiro e o prezo das fotografías, houbo acusacións fortes e reclamacións de dereito de propiedade por parte de Axi Muniain sobre unha onda como se fose unha concesión administrativa ou algo así.

Trece meses despois as fotos de varios secrets galegos XXL son publicados a cambio de diñeiro. Quen se lucra? Quen explota as ondas agora?? Seica non querían manter o segredo ou mais ben vender eles o segredo? Agora xa podedes sacar as vosas conclusións como surfeir@s pensantes que sodes...

O equipo de Axi publicou o vídeo da forte discusión no Youtube e ó día seguinte foi retirado por eles mesmos por razóns que soamente eles coñecen pero o vídeo non os deixaba demasiado ben con amenazas e tonos prepotentes cara o equipo de Bruno Novoa e Eric Rebiere.

No minuto 19:00 do seguinte vídeo 'Sana Saida' tedes unha das mellores ondas XXL da Costa da Morte e que foi publicado hai un ano.

Tedes a reportaxe completa coas 17 fotos XXL en:

http://www.surfline.com/surf-news/slabs-galicia_90364/

 
6 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: