Surf Internacional Surf Snowdonia, o primeiro parque de ondas artificiais abre este 1 de Agosto en Gales
Surf Snowdonia, o primeiro parque de ondas artificiais abre este 1 de Agosto en Gales
Xoves, 30 Xullo 2015 22:56

Este 1 de Agosto abrirá as súas portas ao público, Surf Snowdonia, o primeiro parque de ondas artificiais creado baixo a licenza de Wave Garden e que pode producir unha onda por minuto que poden surfear dous riders ao mesmo tempo. Comezará a súa actividade co 50% do seu potencial pero en breves esperan ofrecer ondas de até 2 metros por un prezo entre 19 e 40 libras por unha hora de surf.


Surf snowdonia ofrece ondas para nivel principiante, intermedio e avanzado de 150 metros de lonxitude e uns 16 segundos de duración. No vídeo deste artigo podedes ver ao surfeiros profesionais Alan Stokes e Jayce Robinson disfrutando de boas ondas.

Ondas para alumnos de escolas

Instalacións no interior de Gales

Agora que comeza o surf en piscina seica imos ver o crecemento do deslizamento sobre auga en cidades do interior o cal pode producir efectos inesperados nas nosas costas. O debate está aberto para ben ou para mal...

Web oficial con info en inglés e reserva online:

http://www.surfsnowdonia.co.uk

Redes sociais de Surf Snowdonia:

https://www.facebook.com/SurfSnowdonia

https://twitter.com/SurfSnowdonia

{fcomments}

 
2 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: