SaboTaj e Montaj: a nosa homenaxe de despedida a Taj Burrow |
Domingo, 10 Abril 2016 18:23 | |||
Despois de 20 anos como surfeiro profesional esta semana Taj Burrow anunciou a súa retirada da competición en Margaret River. Na súa primeira etapa sempre destacou polo seu surf explosivo e innovador cheo de flow e naturalidade. Agora deixa paso aos máis novos e nós queremos facerlle esta pequena homenaxe de despedida. Debaixo tedes o filme completo "SaboTaj" feito por Jack McKoy no ano 2000 onde nos explica os seus comezos no surf profesional e mistura míticas sesións de surf en Australia. Este vídeo foi un clásico no seu tempo e quedou gravado na nosa memoria.
No ano 2002 publicou "Montaj" outro clásico da década pasada.
En 2005 presentou o filme "Fair Bits" na compaña de Rob Machado e Kelly Slater con sesións increibles de surf.
Estes foron os campionatos nos que venceu ao longo da súa carreira deportiva: Tedes + info na súa web oficial: http://tajburrow.com E tamén na Wikipedia: https://en.wikipedia.org/wiki/Taj_Burrow {fcomments}
|
Novidades:
- A beleza das Rías Altas
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado