Venres, 29 Decembro 2017 12:15 |
Os Papa Noeis congregaron a máis dun centenar de surfeiros que abarrotaron a praia de Patos cos seus traxes vermellos e as súas barbas brancas, iso si con neopreno por baixo, este ano como vén sendo habitual, tamén colaboramos coa doazón dun quilo de comida por surfer cos servizos sociais do Concello de Nigrán. |
Ler máis...
|
Martes, 05 Decembro 2017 16:56 |
Novo vídeo da escola 'La conservera del Surf' gozando dunha sesión de Outono xunto ao noso amigo Kepa Acero. Monitores e embaixadores como Nico Peña, Michi Gómez, Jaji Iglesias e Juan Jamardo compartindo ondas nalgún spot entre Vigo e Oporto |
Ler máis...
|
Luns, 27 Novembro 2017 10:38 |
Novo vídeo de surf gravado por Maryam Portabales e os seus amigos en diferentes sesións a última hora do día nas Rías Baixas galegas.
|
Venres, 24 Novembro 2017 10:17 |
Velaquí tedes un fermoso vídeo con imaxes recollidas por Carlos Alonso na praia de Esteiro e en San Román o pasado vrao en diferentes sesións de surf.
|
Luns, 13 Novembro 2017 10:23 |

Velaquí tedes unha escolma das mellores imaxes captadas pola cámara de Beni Oliveira de Photosurf a pasada semana nas Rías Baixas con ondas dun metro e ben de vento. Surfeiros locais da zona e tamén de Vigo puideron disfrutar de boas ondas en varios picos clásicos das Rías Baixas. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 09 Novembro 2017 10:46 |

Tornaron as ondas e os surfeiros das Rías Baixas puideron disfrutar de tubos no beachbreak máis potente da costa surf galega. Coma sempre a cámara de Jorge Touriño captou os intres máis intensos e os tubos máis profundos de Milo, Luis, Yago e outros habituais deste spot de area. 
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 29 Outubro 2017 00:00 |

A mediados deste mes as ondas tornaron á praia de Montalvo e puidemos disfrutar de varios días de surf nas Rías Baixas. As condicións foron potentes con ondas que ben superaban o metrazo como podedes ver nesta pequena galería de fotos realizadas por Beni Oliveira de Photosurf. 
|
Ler máis...
|
Venres, 27 Outubro 2017 07:13 |
Velaquí tedes un novo vídeo de surf gravado nas Rías Baixas a vista de paxaro grazas ó traballo de Maryam Portabales. Excelente luz, cores e imaxes dos seus amigos surfando un dos nosos paraísos. |
Ler máis...
|
Xoves, 19 Outubro 2017 00:00 |
Velaquí un novo vídeo feito por Costa das Ondas, un ente que fomenta o turismo sustentable de surf en Ferrolterra. Na auga Luís Rodríguez collendo varias ondas e o solpor de fondo. |
Ler máis...
|
Martes, 17 Outubro 2017 18:43 |
Fermoso vídeo de surf gravado por Maryam Portabales e os seus amigos nunha boa sesión na costa galega.
|
Xoves, 05 Outubro 2017 10:06 |
Resumo do primeiro swell da tempada no Pico de Patos grazas ao traballo de Luismi de The FOAM TV.
|
Venres, 29 Setembro 2017 08:57 |
Resumo da acampada do equipo feminino sub16 de Patos surf club pola costa de Ferrolterra. Un traballo de Keko Vilán
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 10 de 60 |