Surf Sesións Surf
Surf na Mariña
Martes, 14 Xaneiro 2020 11:29

Un pouco de surf dende A Mariña gravado con dron Swellpro Splah 3+ con moitos surfeiros locais de Barreiros desfrutando da marea alta. Un traballo de Koira Films.


 
Surf en Montalvo
Luns, 13 Xaneiro 2020 11:50

Sesión de surf en Montalvo gravado dende o aire a vista de dron grazas ao traballo de BlackFrameFilm.

 
Buscando tubos con Manu Birdman
Xoves, 02 Xaneiro 2020 10:45

Manu Birdman na barra da praia de Patos na procura do tubo coa súa Digger de Honey Surfboards. Video gravado por Germán Prieto.

Ler máis...
 
Slab Hunters - Jet Galicia
Domingo, 29 Decembro 2019 11:31

A motivación pode ser o reto de surfear un gran tubo ou simplemente a fascinación que xera unha onda agresiva. En todo ese proceso únenos a costa de Galicia coa súa paisaxe, a súa cultura aberta ao mar e sobre todo o factor salvaxe das súas ondas. "Cazadores de  Slabs" dende todas as perspectivas representa as ganas de estar aí e vivilo en primeira persoa.

Ler máis...
 
Illa Pancha XXL
Sábado, 14 Decembro 2019 13:01

Nova sesión en Illa Pancha con ondas XXL e varios equipos internacionais na auga. De novo esta onda xigante que rompe en Ribadeo volve mostrar a súa faciana máis brutal con tubos e paredes inmensas.

Ler máis...
 
Illa Pancha colosal
Mércores, 11 Decembro 2019 17:23

Velaquí tedes unha das ondas máis brutais gravadas en Illa Pancha estes anos.

 
Surfing en Patos Beach
Luns, 09 Decembro 2019 20:05

Resumo das mellores ondas gravadas na praia de Patos estes días por José Covelo acompañado de ventos frouxos do sur.

 
Montalvo dende o aire
Xoves, 05 Decembro 2019 08:01

De novo un fermoso vídeo de surf na praia de Montalvo gravado mediante drone que mostra a beleza desta onda un día de sol.

Ler máis...
 
Rutina con Pablo Montero
Venres, 15 Novembro 2019 10:45

Un día na vida de Pablo Montero surfeando en casa na Coruña. Un vídeo de @dalsyphoto.


 
Nova sesión en Illa Pancha - 12/11/2019
Mércores, 13 Novembro 2019 12:56

Algunhas das mellores ondas da sesión de surf do pasado martes día 12 de novembro en Illa Pancha. Un vídeo de Gustavo de la Paz.

 
Stranded
Martes, 12 Novembro 2019 10:58

Un día de surf nas praias de Viana do Castelo, no norte de Portugal, gravado dun xeito que amosa a beleza do surf dun xeito íntimo e con cores cálidas. Un traballo de Antonio Parada.

 
Surf en Ribadeo e Illa Pancha
Luns, 11 Novembro 2019 18:11

Pequeno clip da primeira viaxe a Galiza do surfeiro Francisco Roque de Pinho nesta temporada 2019/20 co seu compañeiro de tow-in Lourenço Katzenstein para surfear a laxe de Illa Pancha e outra onda próxima en Ribadeo. Imaxes de Franck Lapuyade, edición de Luis "Ben" Coelho na Dab Prods.


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 60


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: