Surf Sesións Surf
Desde a auga [VIDEO]
Xoves, 08 Xullo 2010 14:16

Novo video de Jesús Bustos dun baño de verán na praia de Doniños. O video está feito coa cámara Go Pro e ten unha visión moi intimista do noso xeito de vida. Os riders: Celina, Eloy e Jesús. A música é: Bill Callahan - Jim Cain.

Ler máis...
 
Nenos saharauis fan surf en Malpica
Mércores, 07 Xullo 2010 16:00

A pasada fin de semana tivo lugar unha xornada de surf solidario na praia de Malpica onde participaron varios nenos e nenas saharauis que están a pasar uns días de verán en Galiza. Esta xornada foi organizada pola xente de SilfoCamps e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Foi unha experiencia moi boa onde os nenos foron os protagonistas. O Surf é a mellor terapia pra espertar a felicidade que todos levamos dentro.

Ler máis...
 
VKKM Summer Sessions [VIDEO]
Martes, 06 Xullo 2010 06:41

Novo video de Gony Zubizarreta, Jaji Iglesias e Lalo Díez surfando ondas pequenas en diferentes praias galegas. Todo un luxo de video para estes días de pouco mar e ondas pequerrechas.

Ler máis...
 
Surf de Verán - Novalbos TV [VIDEO]
Martes, 06 Xullo 2010 06:34

Velaquí tedes un video veraniego de surf feito pola xente de Novalbos Tv os días 3 e 4 de xullo nunha praia pouco concurrida da nosa costa. Sol, auga quente e poucas ondas son as características destes meses de verán.

Ler máis...
 
A dereita antes da dereita [VIDEO]
Luns, 05 Xullo 2010 05:00

Jesús Busto - É incrible ver crecer unha onda. Como nace. Como se vai formando. E como finalmente acaba desaparecendo. E con iso non me refiro ao seu tamaño.

Ler máis...
 
Sesións nas Rías Baixas - Benito Oliveira
Luns, 05 Xullo 2010 00:03

Estes tempos de verán tráennos fermosas fotos de cores vivos, azuis intensos con verdes esmeraldas. O fotógrafo local das rías Baixas, Benito Oliveira ven de publicar no seu Picasa un novo álbum da sesión do 3 de xullo nunhas das súas praias habituais. Os locais desta zona da nosa costa teñen moita sorte de poder contar cun fotógrafo tan activo e traballador como Benito Oliveira que inmortaliza as sesión de surf, bodyboard, longueirón e windsurf máis memorables.

Ler máis...
 
Erika & Delia Sesións [VIDEO]
Luns, 21 Xuño 2010 00:00

Neste video tedes a Erika Franco e Delia Salgueiro adestrando a semana pasada. Segundo comenta Kako García no seu blog: "As condicións, cun mar de período baixo, aínda que duro, e o vento Norte moderado pronosticaban ondas nefastas. Fixemos kilómetros e estas foron as ondas nas que adestramos. Trátase dunha esquerda, non moi ben armada, aínda que con seccíones verticais no seu inicio. Delia baixou as grandes, e con respecto a Erika as ondas, sen excesivo brazo, convidábannos a traballar snaps, cutbacks e algún carving.

Ler máis...
 
A Day at Campelo... [VIDEO]
Venres, 18 Xuño 2010 09:59

A xente do Seeker Surf Camp ven de publicar un novo video na rede con imaxes de surf en Campelo. Boas esquerdas e algunhas fotos de outras sesión pola costa galega. Un bo video pra comezar unha fin de semana chea de actividades nas praias...

Ler máis...
 
ABST Cobas - Brokin [VIDEO]
Mércores, 09 Xuño 2010 01:04

Novo video da xente do ABST Cobas que andan a facer probas editando video e mellorando pouco a pouco. Este video ten diferentes ondas da nosa costa e efectos visuais dos surfeiros e bodyboarders do clube.

Ler máis...
 
Regalo de cumpreanos - Dani Almeida
Martes, 08 Xuño 2010 00:00

Despois de bastante sen publicar fotos de surf, o fotógrafo Dani almeida, ven de publicar no seu blog unha serie de fermosas fotos destes días por algún lugar afastado da nosa costa o mesmo día que cumpría anos. Parabens Dani! Neste artigo tedes 4 fotos pero podedes mirar máis no artigo de Dani.

Ler máis...
 
A dereita do río - 3ª Parte [VIDEO]
Luns, 07 Xuño 2010 00:05

Nova video entrega de Jesús Busto das espectaculares ondas que colleron os locais de Doniños durante o mes de maio. Segundo comenta o autor: "Maio foi un excelente mes de ondas. Tan boas que as imaxes se amontoan no computador sen tempo para editarse. Afortunadamente, ou desafortunadamente, non sempre é así. Se sempre rompese unha dereita como a destes días, imaxínome que a praia sería distinta a como a coñecemos, sobre todo porque as ondas estarían masificadas e sería imposible darse os baños case solitarios que moitas veces nos podemos aínda dar."

Ler máis...
 
Morepisode V: Francia 2010 [VIDEO]
Xoves, 03 Xuño 2010 00:00

Video da viaxe por terras francesas no mes de Abril con Guille Alonso, Lalo Diez, Diego Alvarez, Fa e Pablo Montero. Non tiveron moita sorte e colleron mini ondas nas praias francesas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 Seguinte > Final >>

Páxina 51 de 57

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: