Surf Sesións Surf
Adianto dun "Día libre" - Jesús Busto [VIDEO]
Luns, 10 Maio 2010 01:00

Jesús Busto - Non hai nada mellor que dispor dun día libre no traballo e que este coincida con moi boas ondas. A marea cadraba perfecta, e por diante estaba todo o día para surfear e gravar. En total 4 horas na auga e 2 coa cámara. Sen dúbida un día completo. Ésto é só un pequeno adianto do vídeo que espero terminar de editar pronto. Namentres, xa estou a desexar poder dispor doutro día libre.

Ler máis...
 
Imaxes de Ferrolterra - Nordeslizamento
Luns, 10 Maio 2010 01:00

Velaquí tedes unha escolma das últimas fotos publicadas por Pabolinho no seu blog Nordeslizamento. Este blog é un dos máis activos da nosa costa e é un bo sitio que visitar cando andas na rede se queres ver a calidade do surf e bodyboard da costa ártabra. As paisaxes e a natureza son outros dos temas deste fotógrafo colaborador habitual da nosa web. Na foto: Tino

Ler máis...
 
Dous días no paraíso - Yago Baz
Xoves, 06 Maio 2010 08:40

Eiquí tedes algunhas fotos da última fin de semana de abril na praia de Pantín. Auga quente, algo de xente e sobre todo boas ondas. As fotos son de Yago Baz.

Ler máis...
 
Surf & Golfiños en Soesto - Antonio Díaz
Martes, 04 Maio 2010 13:01

Velaquí tedes unhas fotos feitas por Antonio Díaz a derradeira fin de semana do mes de abril na praia de Soesto. Empezaron sen ondas no mar e remataron surfando unhas boas ondas na presenza de golfiños que tamén colleron algunha onda que outra.

Ler máis...
 
Ondas do Entroido 2010 - Prado Surf Escola
Luns, 26 Abril 2010 19:30

Velaquí un precioso video dunha sesión dos alumnos da Prado Surf Escola no sur da nosa costa nunha dereita case descoñecida pero moi divertida de surfar. Os riders do video son: Carla Zoni, Cris Iglesias, Andrés Santander, José Molares, Pablo Prego e Oscar Jardón. O video foi grabado en febreiro do 2010 polo seu adestrador José Dieguez.

Ler máis...
 
9 sobre 10 ou 10 sobre 10?? - Yago Baz
Luns, 26 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes unha selección de fotos collidas dun artigo publicado por Yago Baz no seu blog a pasada semana despois dunha sesión perfecta en Portugal na praia do Bico.

Beleza portuguesa

Ler máis...
 
Surfing Galicia [VIDEO]
Venres, 23 Abril 2010 01:00

Velaquí vai un fermoso video de cinco minutos e con máis dun cento de imaxes de surf nas praias de Doniños, Razo, Orzán e Malpica. Un video tranquilo e relaxado pra disfrutar diante do ordenador...

Ler máis...
 
Jaji, Gony e Oscar chusteando en Afife [VIDEO]
Xoves, 22 Abril 2010 01:03

Neste video tedes a tres dos mellores surfeiros galegos chusteando pequenas ondas na praia de Afife. Surfar ondas pequenas é moi complicado xa que o peso do noso corpo afunde a prancha e non nos deixa coller velocidade, e por iso, moitas veces a calidade dun surfeiro apreciase mellor en ondas pequerrechas. Gony desfasa neste video facendo 360's, aéreos e todo tipo de manobras radicais.

Ler máis...
 
Lembranzas do Inverno - Ponzos
Martes, 20 Abril 2010 01:00

Xa que levamos uns días sen ondas no mare, imos aproveitar pra publicar algunhas fotos de sesións do inverno pasado que foron publicadas en diversos blogs da nosa costa. Comezamos esta serie de artigos cunhas fermosas fotos de Ponzos feitas por Pablo López e publicadas no seu blog Waves Factory.

Ler máis...
 
Gony en Afife [VIDEO]
Martes, 20 Abril 2010 01:00

Novo video de Gony Zubizarreta adestrando coas súas pranchas novas na praia de Afife, no norte de Portugal. O video está feito cunha cámara Canon EOS 7D e leva música de The Possums.

Ler máis...
 
Oscar Vales Vs Jaji Iglesias [VIDEO]
Venres, 16 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes un video divertido feito por Gony con dous importantes surfeiros da nosa costa coma protagonistas, Oscar Vales e Jaji Iglesias. Este video é unha loita de titanes nunha lonxana praia da costa do este europeo.

Ler máis...
 
Ao norte de Valdoviño...
Venres, 16 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes unha nova proba do paraíso no que vivimos, unha foto feita e publicada no Blog del Abuelo nalgún afastado spot da costa norte galega. Pura beleza e perfección que namora soamente con botarlle unha ollada. Non sabemos o nome do afortunado surfeiro que ficou inmortalizado neste intre tan feiticeiro mais querémoslle dar as grazas ó fotógrafo por captar iste momento

VALDOVIÑO

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 Seguinte > Final >>

Páxina 53 de 57

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: