Surf Sesións Surf
Adestramentos Gony & Nico Von Rupp [VIDEO]
Xoves, 15 Abril 2010 01:00

Último video de Gony da súa viaxe a Portugal en Semana Santa. Este video ten imaxes dos adestramentos de Gony e de Nico Von Rupp. Todo un luxo de video!

Ler máis...
 
Sesión en Louro - Semana Santa 2010
Martes, 13 Abril 2010 01:00

O noso amigo Lavesedo ven de facernos chegar as súas primeiras fotos dunha sesión surfeira esta Semana Santa na praia de Louro. Esta praia é un bo lugar pra coller ondas cando temos maretón na nosa costa. Non coñecemos os nomes dos riders polo que si alguén ten algo de info que a deixe nos comentarios.

Ler máis...
 
Último día en Ericeira... [VIDEO]
Martes, 13 Abril 2010 01:00

Novo video de Gony Zubizarreta adestrando en Ericeira. Surf Potente e boa música para disfrutar algúns momentos diante do ordenador!

Ler máis...
 
Biomassa Lisboeta [VIDEO]
Martes, 13 Abril 2010 01:00

Outro potente video de Gony, Jaji, Nick e Muelles feito polo J.L. Zubizarreta esta semana santa nunha viaxe ó noso país irmán. Son 7 minutos de surf de moita calidade nunhas praias de area branca con tubos e boas ondas.

Ler máis...
 
Afotando Ferrolterra - Nordeslizamento
Luns, 12 Abril 2010 01:02

Velaquí vai unhas fermosas fotos de Pabolinho dende o seu blog Nordeslizamento. Este é un dos blogs máis activos da costa galega e cada día ten máis calidade grazas ó traballo do fotográfo e dos surfeiros ferroláns. Na foto tedes a Luis Rodríguez polo aire.

Ler máis...
 
Chusteando en Doniños [VIDEO]
Luns, 12 Abril 2010 01:00

Dous pequenos videos de Pablo Romero "Occy" chusteando na praia de Doniños. Nestes videos podedes ver os xiros radicais de espaldas e o xeito de correr a onda aproveitando toda a velocidade posible.

Ler máis...
 
O día despois....
Venres, 09 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes unhas fotos do día despois do OndaLonga publicadas no blog de Yago Baz. Unha sesión clásica nunha fermosa praia galega para descansar tras unha longa xornada de surf en Betanzos.

Ler máis...
 
Razo 28/3/2010
Martes, 06 Abril 2010 01:00

Dende a web de Surf Galicia chegan estas fotos dunha nova sesión en Razo a finais de Marzo dos riders do equipo de Ohana Surfboards. Na foto dabaixo tedes un aéreo de Fabian e neste artigo tedes outras boas fotos.

Ler máis...
 
Ondas 2009 [VIDEO]
Luns, 05 Abril 2010 01:00

E pra rematar esta triloxía informativa de Kako García deixámosvos un video seu de ondas que rompen baleiras, pura perfección onde Kako adestra aos seus alumnos. Toda unha gozada de video no que podedes ver moitas das mellores ondas galegas.

Ler máis...
 
Ondas de Marzo en Foxos - Photosurf
Venres, 26 Marzo 2010 01:00

Hoxe publicamos unha escolma das fotos tomadas por Benito Oliveira no mes de marzo na praia de Foxos en diferentes sesións e publicadas na súa galería de fotos en Picasa. Foxos é unha praia pouco coñecida xa que Montalvo e a Lanzada levan toda a fama da Ría de Pontevedra pero é unha praia moi concurrida polos locais da zona.

Ler máis...
 
The factory - Pablo Romero "Occy"
Martes, 23 Marzo 2010 10:13

Nova entrega de fotos de Pablo Romero "Occy" dende o seu blog. Desta vez unhas fermosas fotos de Pantín, a nosa catedral, ao solpor. Pouca luz pero moi boas ondas e algúns afortunados na auga disfrutando das ondas de Ferrolterra.

PANTIN

Ler máis...
 
Ohana Power! Razo 20 de Marzo
Martes, 23 Marzo 2010 01:00

Velaquí tedes unhas fermosas fotos da sesión do 20 de Marzo na praia de Razo dos riders de Ohana SurfBoards, Emerson e Fabian. Estes dous surfeiros rezuman potencia nos seus xiros e dominan os aéreos. Na foto tedes a Emerson voando

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 Seguinte > Final >>

Páxina 54 de 57

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: