Surf Sesións Surf
Un fermoso lugar da nosa costa [VIDEO]
Mércores, 17 Marzo 2010 01:00

Un novo video dunha onda ben protexida que rompe os días de bastante mar. Tres minutos e medio de surf nun pequeno "surf paradise". Video de Vicente Iglesias.

Ler máis...
 
Ferrolterra Surf Power! - Nordeslizamento
Luns, 15 Marzo 2010 01:00

Este é o xeito de esnaquizar unha onda no intre perfecto. A foto é de Pabolinho e o surfeiro "Occy". De seguido neste artigo tedes a secuencia completa desta manobra e outras fotos dos mellores surfeiros de Ferroltera.

Ler máis...
 
Sobran as palabras - Yago Baz
Luns, 01 Marzo 2010 01:00

Fotos do día anterior á tormenta perfecta feitas por Yago Baz e publicadas en dous posts do seu blog "Good Life with a good vibes". Neste artigo publicamos unha escolma das fotos da sesión que colleron estes afortunados riders. Galiza Calidade 100%!

Ler máis...
 
II Tour ABST Cobas - Lugo [VIDEO]
Xoves, 18 Febreiro 2010 01:00

Video do II Tour ABST Cobas desta vez pola costa de Lugo, aparecen ondas como Rinlo, Foz, a Machacona e outros spots. A segunda parte do video dende o minuto seis ten unha boa sesión na Machacona,

Ler máis...
 
Ferrolterra Calidade 9/2/2010
Luns, 15 Febreiro 2010 01:01

Velaquí vai unha escolma das fotos publicadas por Pabolinho estes días no seu blog Nordeslizamento dunha espectacular sesión nas augas de Ferrolterra. Neste artigo tedes soamente sete fotos pero nos dous artigos orixinais tedes moitas máis fotos da sesión e a secuencia completa da manobra feita por Rafa Dopico da foto dabaixo.

Ler máis...
 
Con Nordés e mar.... [VIDEO]
Xoves, 11 Febreiro 2010 01:13

Dende a web de ABST Covas chega un video feito por Bran e David onde amosan o que se pode facer cando sopra o vento do nordés e bastante mar.

Ler máis...
 
Ondas na Fontenla 5/2/2010
Mércores, 10 Febreiro 2010 18:00

Novas fotos de Julian Foto Surf na praia da Fontenla o 5 de febreiro de 2010. Segundo nos comentou Julian o día foi un pouco raro, choiva ao principio e por sorte para as fotos saiu o sol ao remate da sesión. A serie gorda sobre dous metros e medio algo quedona con seccións un pouco máis verticais, vento suroeste que lle daba un pouco mal. En principio pensaron en buscar outra praia pero por mor do pouco tempo que tiñan entraron na auga Dani Rodríguez e Hugo. Na praia estiveron Julian e o seu sobriño Jacobo afotando cun 500+TC 1x4.

Ler máis...
 
Montalvo 17/1/2010 - Julian Foto Surf
Martes, 09 Febreiro 2010 01:00

Boa sesión de surf na praia de Montalvo a mediados de xaneiro tal e como podedes comprobar grazas ás fotos de Julian Foto Surf. Milo e Pipo amosan a potencia e a calidade do surf na Ría de Pontevedra nunha onda orilleira, fermosa e tubeira. Neste artigo tedes 6 fotos pero podedes mirar moitas máis na galería do fotógrafo. Os surfeiros das fotos son Milo, Pipo, Chamorro e algún outro local.

Ler máis...
 
Surf Galicia ScQ [VIDEO]
Luns, 08 Febreiro 2010 01:00

Outro video chegado dende o Barbanza e feito polo colectivo de FreeSurfers. Máis de 7 minutos de surf e bodyboard en ondas ben coñecidas da nosa costa e riders de calidade fan deste video un bo exemplo da potencia do surf e body galegos. Riders: Marcos Heinrich, Ulla, Adrián, Carlos Viñas, Manolo, Kike Ramos, Will, Javi e Luciano.

Ler máis...
 
Ondas fantasmas [VIDEO]
Luns, 08 Febreiro 2010 01:00

Seica cada día máis xente das nosas praias están a grabar, editar e publicar videos de surf na rede. Desta vez apresentamos dous videos da Prado Surf Escola en diferentes praias, Prado e Sabón, feitos en xaneiro deste ano.

Ler máis...
 
A Caseta, outro punto de vista! - Jansolo [VIDEO]
Sábado, 06 Febreiro 2010 11:52

Novo video de Jandriños Productions dende Ferrol con intro a cargo de showman "Juanillo" e surfeiros invitados: Luis "Monin", Pablo "Occy", Jesus "Susto", e Carlos no longueirón. Música: Ben Westbeech.

Ler máis...
 
Segredos de Vento Sur..
Luns, 01 Febreiro 2010 01:00

Velaquí tedes unhas fotos de Jahgo e o Surf dunha sesión de hai uns días nun secret da costa galega que funciona con vento sur, marea baixa e algo de mar.

Toni "Silfocamps"

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 Seguinte > Final >>

Páxina 55 de 57

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: