Surf Sesións Surf
Surfing Galicia [VIDEO]
Venres, 23 Abril 2010 01:00

Velaquí vai un fermoso video de cinco minutos e con máis dun cento de imaxes de surf nas praias de Doniños, Razo, Orzán e Malpica. Un video tranquilo e relaxado pra disfrutar diante do ordenador...

Ler máis...
 
Jaji, Gony e Oscar chusteando en Afife [VIDEO]
Xoves, 22 Abril 2010 01:03

Neste video tedes a tres dos mellores surfeiros galegos chusteando pequenas ondas na praia de Afife. Surfar ondas pequenas é moi complicado xa que o peso do noso corpo afunde a prancha e non nos deixa coller velocidade, e por iso, moitas veces a calidade dun surfeiro apreciase mellor en ondas pequerrechas. Gony desfasa neste video facendo 360's, aéreos e todo tipo de manobras radicais.

Ler máis...
 
Lembranzas do Inverno - Ponzos
Martes, 20 Abril 2010 01:00

Xa que levamos uns días sen ondas no mare, imos aproveitar pra publicar algunhas fotos de sesións do inverno pasado que foron publicadas en diversos blogs da nosa costa. Comezamos esta serie de artigos cunhas fermosas fotos de Ponzos feitas por Pablo López e publicadas no seu blog Waves Factory.

Ler máis...
 
Gony en Afife [VIDEO]
Martes, 20 Abril 2010 01:00

Novo video de Gony Zubizarreta adestrando coas súas pranchas novas na praia de Afife, no norte de Portugal. O video está feito cunha cámara Canon EOS 7D e leva música de The Possums.

Ler máis...
 
Oscar Vales Vs Jaji Iglesias [VIDEO]
Venres, 16 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes un video divertido feito por Gony con dous importantes surfeiros da nosa costa coma protagonistas, Oscar Vales e Jaji Iglesias. Este video é unha loita de titanes nunha lonxana praia da costa do este europeo.

Ler máis...
 
Ao norte de Valdoviño...
Venres, 16 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes unha nova proba do paraíso no que vivimos, unha foto feita e publicada no Blog del Abuelo nalgún afastado spot da costa norte galega. Pura beleza e perfección que namora soamente con botarlle unha ollada. Non sabemos o nome do afortunado surfeiro que ficou inmortalizado neste intre tan feiticeiro mais querémoslle dar as grazas ó fotógrafo por captar iste momento

VALDOVIÑO

Ler máis...
 
Adestramentos Gony & Nico Von Rupp [VIDEO]
Xoves, 15 Abril 2010 01:00

Último video de Gony da súa viaxe a Portugal en Semana Santa. Este video ten imaxes dos adestramentos de Gony e de Nico Von Rupp. Todo un luxo de video!

Ler máis...
 
Sesión en Louro - Semana Santa 2010
Martes, 13 Abril 2010 01:00

O noso amigo Lavesedo ven de facernos chegar as súas primeiras fotos dunha sesión surfeira esta Semana Santa na praia de Louro. Esta praia é un bo lugar pra coller ondas cando temos maretón na nosa costa. Non coñecemos os nomes dos riders polo que si alguén ten algo de info que a deixe nos comentarios.

Ler máis...
 
Último día en Ericeira... [VIDEO]
Martes, 13 Abril 2010 01:00

Novo video de Gony Zubizarreta adestrando en Ericeira. Surf Potente e boa música para disfrutar algúns momentos diante do ordenador!

Ler máis...
 
Biomassa Lisboeta [VIDEO]
Martes, 13 Abril 2010 01:00

Outro potente video de Gony, Jaji, Nick e Muelles feito polo J.L. Zubizarreta esta semana santa nunha viaxe ó noso país irmán. Son 7 minutos de surf de moita calidade nunhas praias de area branca con tubos e boas ondas.

Ler máis...
 
Afotando Ferrolterra - Nordeslizamento
Luns, 12 Abril 2010 01:02

Velaquí vai unhas fermosas fotos de Pabolinho dende o seu blog Nordeslizamento. Este é un dos blogs máis activos da costa galega e cada día ten máis calidade grazas ó traballo do fotográfo e dos surfeiros ferroláns. Na foto tedes a Luis Rodríguez polo aire.

Ler máis...
 
Chusteando en Doniños [VIDEO]
Luns, 12 Abril 2010 01:00

Dous pequenos videos de Pablo Romero "Occy" chusteando na praia de Doniños. Nestes videos podedes ver os xiros radicais de espaldas e o xeito de correr a onda aproveitando toda a velocidade posible.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 Seguinte > Final >>

Páxina 56 de 59


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: