Surf Sesións Surf
Ferrolterra Calidade 9/2/2010
Luns, 15 Febreiro 2010 01:01

Velaquí vai unha escolma das fotos publicadas por Pabolinho estes días no seu blog Nordeslizamento dunha espectacular sesión nas augas de Ferrolterra. Neste artigo tedes soamente sete fotos pero nos dous artigos orixinais tedes moitas máis fotos da sesión e a secuencia completa da manobra feita por Rafa Dopico da foto dabaixo.

Ler máis...
 
Con Nordés e mar.... [VIDEO]
Xoves, 11 Febreiro 2010 01:13

Dende a web de ABST Covas chega un video feito por Bran e David onde amosan o que se pode facer cando sopra o vento do nordés e bastante mar.

Ler máis...
 
Ondas na Fontenla 5/2/2010
Mércores, 10 Febreiro 2010 18:00

Novas fotos de Julian Foto Surf na praia da Fontenla o 5 de febreiro de 2010. Segundo nos comentou Julian o día foi un pouco raro, choiva ao principio e por sorte para as fotos saiu o sol ao remate da sesión. A serie gorda sobre dous metros e medio algo quedona con seccións un pouco máis verticais, vento suroeste que lle daba un pouco mal. En principio pensaron en buscar outra praia pero por mor do pouco tempo que tiñan entraron na auga Dani Rodríguez e Hugo. Na praia estiveron Julian e o seu sobriño Jacobo afotando cun 500+TC 1x4.

Ler máis...
 
Montalvo 17/1/2010 - Julian Foto Surf
Martes, 09 Febreiro 2010 01:00

Boa sesión de surf na praia de Montalvo a mediados de xaneiro tal e como podedes comprobar grazas ás fotos de Julian Foto Surf. Milo e Pipo amosan a potencia e a calidade do surf na Ría de Pontevedra nunha onda orilleira, fermosa e tubeira. Neste artigo tedes 6 fotos pero podedes mirar moitas máis na galería do fotógrafo. Os surfeiros das fotos son Milo, Pipo, Chamorro e algún outro local.

Ler máis...
 
Surf Galicia ScQ [VIDEO]
Luns, 08 Febreiro 2010 01:00

Outro video chegado dende o Barbanza e feito polo colectivo de FreeSurfers. Máis de 7 minutos de surf e bodyboard en ondas ben coñecidas da nosa costa e riders de calidade fan deste video un bo exemplo da potencia do surf e body galegos. Riders: Marcos Heinrich, Ulla, Adrián, Carlos Viñas, Manolo, Kike Ramos, Will, Javi e Luciano.

Ler máis...
 
Ondas fantasmas [VIDEO]
Luns, 08 Febreiro 2010 01:00

Seica cada día máis xente das nosas praias están a grabar, editar e publicar videos de surf na rede. Desta vez apresentamos dous videos da Prado Surf Escola en diferentes praias, Prado e Sabón, feitos en xaneiro deste ano.

Ler máis...
 
A Caseta, outro punto de vista! - Jansolo [VIDEO]
Sábado, 06 Febreiro 2010 11:52

Novo video de Jandriños Productions dende Ferrol con intro a cargo de showman "Juanillo" e surfeiros invitados: Luis "Monin", Pablo "Occy", Jesus "Susto", e Carlos no longueirón. Música: Ben Westbeech.

Ler máis...
 
Segredos de Vento Sur..
Luns, 01 Febreiro 2010 01:00

Velaquí tedes unhas fotos de Jahgo e o Surf dunha sesión de hai uns días nun secret da costa galega que funciona con vento sur, marea baixa e algo de mar.

Toni "Silfocamps"

Ler máis...
 
Lakosta Nostra [VIDEO]
Xoves, 28 Xaneiro 2010 10:49

Video de Lalo DIez, Jaji Iglesias e Gony Zubizarreta surfeando pola costa sur de Galiza os meses de decembro e xaneiro do 2008 e 2009. A onda que aparece na primeira parte do video é a famosa e potente esquerda de Santa María de Oia, todo un espectáculo. Tamén aparecen outras ondas pouco coñecidas e potentes de fondo de rocha que se non se consideran secret pero que rompen todo o ano practicamente baleiras. Disfrutade do video.

Ler máis...
 
Surf no Vilar [VIDEO]
Xoves, 28 Xaneiro 2010 01:00

Jansolo - Ultimamente estou en plan narcista, só penso en darme o baño e nada de gravar, pero quen de vós veria alén do obxectivo como se pon as botas a pillar ondas, sentado e sen o neopreno posto. Esta claro que hai que ter un gran espíritu ou asumir o papel de filmaker cagándose en todo mentres pillan esquerdas e destras a man e a contramán, só anímame a calor da xente cando me di.."a ver cando me gravas" ou "me gustaria saír nun dos teus vídeos"...grazas a todos de novo por ver as miñas producións até o final. Riders do video: Campión galego Pablo Romero "Occy" o subcampión galego, Santi "Pirulo" e o 4º clasificado Tino, tamén Jesus Busto e Dani Araoz

Ler máis...
 
Galicia Pure Surfing [VIDEO]
Martes, 26 Xaneiro 2010 01:00

Hoxe publicamos dous videos de Simon Marchanful onde resume a súa viaxe pola nosa terra en compañía de Hugo Chas e outros surfeiros.

Ler máis...
 
Razo 20/01/2010 [VIDEO]
Luns, 25 Xaneiro 2010 01:00

Video da sesión do día 20 de xaneiro na praia de Razo feita por Jahgo. Os surfeiros do video son Fabian Rubio e Yago. Ondas de calidade con vento terral nunha das praias máis fermosas da nosa costa. Música de Morcheeba.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 Seguinte > Final >>

Páxina 57 de 58

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: