Primeiras fotos da sesión histórica de Towin nas Rías Baixas - Bruno Novoa |
Mércores, 23 Febreiro 2011 00:00 | |||
Bruno Novoa - Este surfari marcou en min un novo concepto do que son ondas grandes ou do que é surfeable e o que non. Un grupo de apaixonados polo mar percorremos a costa galega dende a punta sur (A Guarda) ata a punta norte (Ribadeo) e volta pra atrás. Centos de kilometros que deron como resultado dúas sesións de tow in impresionantes. Benjamín Sanchis no tubo Os artistas do show foron Ben Sanchis, Naum Ildefonse, Tim Boal, João Macedo e Eric rebiére. Surfearon unha onda nova e atopamos outras con muito potencial para facer towin. Varias anecdotas, un par de visitas ao hospital por wipeouts pero sobre todo o máis importante, moi motivados para volver e probar novos retos. Eric nunha boa onda Aqui vos deixo unha pequena mostra do que deu de si este surftrip... e o mellor está por chegar na vindeira revista da Surf Europe. Por sorte temos unha costa privilexiada en canto as ondas e non e preciso ir moi lonxe para disfrutar dun bo espectaculo de potencia e tamaño. Os protagonistas da sesión Tubazo de Sancho Eric Rebiere Eric Rebiere ven de fichar xunto con Benjamín Sanchís por Billabong pra formar o equipo de Billabong Adventure e surfar ondas xigantes por Europa.
Video dunha das sesións Web de Bruno Novoa: www.fotoglz.com Bruno Novoa en Surfmarket.org: www.surfmarket.org
|
Novidades:
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado
- Surf en Praia América