Surf Shapers
Conversa con Pablo Blanco de Ula Ola Surfboards
Mércores, 13 Setembro 2017 09:28

Ula Ola Surfboards

Velaquí tedes unha entrevista a Pablo Blanco, shaper e fundador de Ula Ola surfboards, unha marca galega de pranchas de madeira que produce e fabrica artesanalmente na cidade da Coruña. Neto de carpinteiro e con formación 3D, Pablo libera os seus deseños pra que outras persoas poidan facer os seus proprios modelos. Se estás interesado en coñecer máis cousas sobre este tipo de pranchas, vas atopar interesante a nosa conversa.

Cando naceu Ula Ola Surfboards e cal é a súa filosofía?

O proxecto Ula Ola naceu no ano 2014 case como un pasatempo. A máxima é deseñar e fabricar táboas amigables co shaper, o medio ambiente e a sociedade. Rescatar procesos e materiais esquencidos e adaptalos ós tempos que corren.

Á súa vez, publicar todos os deseños e os detalles das ferramentas usadas para traballar, polo que se podería dicir que se trata dun proxecto de código aberto.

Ler máis...
 
Coñecendo a Toma Goma Surfboards
Luns, 06 Marzo 2017 09:29

Velaquí tedes o novo vídeo da factoría de Toma Goma Surfboards, a marca local de Ferrolterra, que non para de fabricar novos modelos de longboard, retros, fish e shortboards modernas. Se estades interesados en reparar ou mercar unha nova prancha de surf podedes contactar con Ricardo e Luís pra recibir asesoramento e recomendacións para os vosos novos xoguetes.

Ler máis...
 
Raices - Cormorán Surfboards
Luns, 16 Xaneiro 2017 15:21

Co gallo do primeiro aniversario de Cormorán Surfboards e grazas sempre a un grande amigo, Pablo Uriarte, sae á luz o novo video inaugurando o ano, cheo de soños por cumprir.

Ler máis...
 
Nace Cormoran Surfboards: un novo obradoiro de shape na Costa da Morte
Martes, 12 Abril 2016 15:40

Cormoran surfboards

Cormorán Surfboards é un novo obradoiro de shape onde se contruen táboas máis aló do común, inspiradas nun tempo onde as cousas eran construídas pra durar. Da man do mítico rider Toni Varela presentámosvos esta nova iniciativa con taller en Carballo onde podedes encargar as vosas pranchas clásicas e longboards fabricadas de xeito artesanal e tamén reparar todo tipo de pranchas de surf.

Ler máis...
 
Repara o teu material con Toma Goma!
Luns, 28 Marzo 2016 09:23

TOMA GOMA SURF

Situado en Valdoviño, o noso taller reabre as súas portas de novo para prestar un servizo de calidade, tanto nas reparacións como na fabricación de táboas. Dende os materiais de primeira calidade cos que traballamos, fibras Hexcell e resinas Silmar, até o agarimo e a dedicación co que afrontamos cada traballo, esperamos satisfacer as necesidades dos máis esixentes.

TOMA GOMA SURF

Ler máis...
 
Test de pranchas de Camiño do Río na Lanzada [VIDEO]
Martes, 27 Outubro 2015 09:42

Velaquí tedes un pequeno vídeo con imaxes do test de pranchas de madeira de surf realizado polos shapers de Camiño do Río Surfboards o pasado domingo na praia da Lanzada. Esperamos que repitan en breves para poder asistir e probar este xeito artesanal de pillar ondas. Vídeo de Foam TV.

Ler máis...
 
Camiño do Rio Surfboards, madeira e surf!
Xoves, 15 Outubro 2015 09:08

Novo vídeo dende o obradoiro de Camiño do Río explicando a súa filosofía e xeito de traballar pra facer novas pranchas e longueiróns de madeira cos que surfar dun xeito máis ecolóxico e sen contaminar.

Ler máis...
 
Entrevista a Walter Nieto - Zorlak Surfboards [VIDEO]
Luns, 12 Outubro 2015 12:02

Velaquí tedes unha entrevista feita a Walter Nieto, shaper fundador da marca Zorlak Surfboards, durante a celabración do Festival Rock&Long na que fala sobre este festival, sobre o seu equipo de surf, os novos modelos de Zorlak, o presente e o futuro desta importante empresa galega de surf das Rías Baixas.

Ler máis...
 
Camiño do Río Surfboards [VIDEO]
Mércores, 07 Outubro 2015 08:46

En Camiño do Rio Surfboards fabrican pranchas de surf de madeira, utilizan madeira de samba, cedro rojo, balsa e contrachapado de 4 mm. dunha forma totalmente artesanal e neste vídeo podedes coñecer algo máis sobre os fundadores deste interesante proxecto e o seu obradoiro.

Ler máis...
 
Honey Surfboards estrea nova web!
Venres, 14 Novembro 2014 09:47

Honey Surfboards, marca galega de pranchas de surf, estrea a súa nova web despois de varios meses de traballo co seu catálogo de evolutivas, minimalibús, longboard, fish, retro fish e shortboards a bo prezo e con unha excelente calidade.

Pouco a pouco este proxecto vai collendo xeito e xa están a recibir os primeiros pedidos e encargos dende diferentes partes da península xa que son perfectas para xente que busque a súa primeira prancha ou un modelo con shape clásico e funcional.

Ler máis...
 
Iron Mountain Surfboards estrea a súa nova Web!
Luns, 13 Outubro 2014 08:33

Xa podedes visitar a nova web de Iron Mountain Surfboards que presenta bastantes novidades como info sobre a súa historia, unha tenda online, info do equipo e unha sección de vídeo.

No seu blog atoparás info sobre os novos modelos entregados e artigos interesantes de Román sobre o longboard e a súa cultura.

Ler máis...
 
Crab Surfboard Open Days - 23 e 24 de Maio
Luns, 19 Maio 2014 20:32

crab surfboards

Crab SurfBoards fai a súa presentación oficial nas canles dixitais inaugurando a súa nova web: www.crabsurfboards.com e as súas canles sociais no Facebook: facebook.com/crabsb e Instagram: instagram.com/crabsurfboards.

Na nova web poderás seguir toda a traxectoria da marca e ver os seus modelos, encargar a túa propia táboa custom ou coñecer toda a actualidade da marca e sesións da CrabSurfboards Crew na auga a través da súa blog. Por suposto poderás estar en contacto inmediato a través das súas canles nas redes sociais onde se fan eco de todas as súas publicacións.

Jason Flanagan shapeando

Coincidindo co lanzamento das súas canles dixitais e englobado na xira de Shaping Tour de Flanagan, tráennos a Jason en exclusiva para toda España do 22 ao 29 de Maio. Flano, estará eses días shapeando no taller de Crab Surfboards táboas para todos os afortunados que soliciten unha táboa feita polo mesmo durante eses días ou que sinxelamente se queiran pasar a ver como traballa un shaper desta categoría.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: