Xa podedes visitar a nova web de Iron Mountain Surfboards que presenta bastantes novidades como info sobre a súa historia, unha tenda online, info do equipo e unha sección de vídeo.
No seu blog atoparás info sobre os novos modelos entregados e artigos interesantes de Román sobre o longboard e a súa cultura.
Na nova web poderás seguir toda a traxectoria da marca e ver os seus modelos, encargar a túa propia táboa custom ou coñecer toda a actualidade da marca e sesións da CrabSurfboards Crew na auga a través da súa blog. Por suposto poderás estar en contacto inmediato a través das súas canles nas redes sociais onde se fan eco de todas as súas publicacións.
Jason Flanagan shapeando
Coincidindo co lanzamento das súas canles dixitais e englobado na xira de Shaping Tour de Flanagan, tráennos a Jason en exclusiva para toda España do 22 ao 29 de Maio. Flano, estará eses días shapeando no taller de Crab Surfboards táboas para todos os afortunados que soliciten unha táboa feita polo mesmo durante eses días ou que sinxelamente se queiran pasar a ver como traballa un shaper desta categoría.
O outro día atopámonos con Román, o fundador dunha das marcas máis recoñecidas do shape galego e non puidemos resistirnos a facer unha pequena entrevista pra coñecer a súa opinión sobre certas cousas que rodean o surf e a fabricación de pranchas. Debaixo tedes o que foi esta pequena conversa e algunhas fotos dos seus últimos traballos.
Levas casi unha década shapeando pero nos gustaría saber como foron os teus comezos no mundo do shape?
Pois como todo o mundo eu creo, por curiosidade, saber que se esconde detrás dunha tabla de surf e o traballo que leva, todo isto gracias a un coñecido meu que se prestou a ensinarme o pouco que sabía. Despois xa foi algo habitual verme shapeando facendo pranchas para os amigos e tamén o meu propio quiver.
O pasado mes naceu na Costa da Morte o Proxecto Kiskillas da man de Chusma Surfboards co obxetivo de fabricar quillas artesanais pra pranchas retro, fish e longboards. A súa producción no é moi grande pero si a súa calidade e acabados. Se queres deixar o teu diñeiro en Galiza en vez de comprar quillas chinas podes contactar con Chusma e levar sempre postas as túas quillas de surf 100% galegas.
Quero aproveitar este post pra lle dar as grazas a Román Díez, shaper de Iron Mountain, pola rapidez e o gran traballo de reparación feito no novo longueirón que partín no seu cuarto baño nunha das últimas grandes sesións no Pico de Patos. Foi mala sorte partir un long o derradeiro día potente da tempada pero xa está solucionado. Moitas grazas mestre!!
Novo vídeo de Zorlak Surfboards no seu obradoiro shapeando e glasseando con resinas tintadas ao estilo dos anos setenta algunhas das súas novas pranchas de surf pra este inverno. Walter Nieto emprega antigas técnicas con capas e cores pra obter un resultado espectacular.
Novo vídeo da factoría Iron Mountain Surfboard cunha prancha moi especial 'The Maitigüini 5.0' shapeada nas Rías Baixas pero probada nas augas de Bastiagueiro polo rider Diego Rodríguez.
A Federación Galega de surf xa ten un selo de garantia e calidade para as pranchas feitas na nosa terra. Dende xa fai alguns anos ven medrando o número de shapers en Galicia e dende a FGS queren axudar a promocionar o seu bo traballo por medio deste selo.
Xa podedes ver o resultado do testing do Tablonaco fabricado por Iron Mountain SurfBoards. Este novo longueirón ten melloras iportantes respecto ao anterior modelo Tablonaco, agora ten un concavo en forma de lágrima máis profundo, cantos máis afilados e un tail moito máis estético. O test foi realizado polo rider Yago Vaz Vicente jahgoyelsurf.blogspot.com na praia de Bastiagueiro na Coruña e gravado e editado por Carraxe Waves. Música: Mr. Little Jeans - The Suburbs.
Xa podedes pasar polo blog de Stinky Tofu pra ver as fotos e ler a crónica do que foi o primeiro Surfswap do Barbanza. Segundo comenta Alex Cancio o evento foi un éxito e houbo moi ambiente durante todo o día. Houbo trocos, comprar e vendas a prezos baixos e tamén pinchos varios. Dende SurfGZ queremos darlles a noraboa polo evento e animar a máis xente e surfeiros da nosa costa a realizar este tipo de eventos.
Neste novo episodio de Ojo de Pez TV tedes unha interesante entrevista a Román Diez no seu obradoiro de pranchas de surf, Iron Mountain Surfboards, onde explica o proceso enteiro de fabricación e tamén a varios dos riders do seu equipo falando sobre o seu quiver. Carlos Lourenzo, alumno de Kako García, é o peixe do episodio. Jaji entrevista ao rider andaluz Mario Aguilar. José Diéguez explica a técnica da remontada e Gony remata o episodio surfeando en Ericeira.
Este video de shape e surf é a presentación do modelo 'Chola' deseñado polo rider vigués Xoan e coa axuda de López Surfboards. Xoan leva máis de dez anos surfeando as ondas de Fuerteventura e ten un surf moi potente e radical. É un pracer podervos presentar este tipo de vídeos de riders viaxeiros que entregaron a súa vida ao surf lonxe da nosa costa.