Surf Shapers
Chusma Surfboards presenta o novo catálogo 2012!
Martes, 10 Xaneiro 2012 01:18

Aquí tedes o novo catálogo de Chusma Surfboards cos seus modelos de pranchas de surf. Bonzer, Simons, Zen, Fish, Stubbie e Longboards son os modelos presentados neste catálogo. 

Ler máis...
 
Roto Surf Works estrea novo taller!
Luns, 17 Outubro 2011 00:05

A xente de Roto Surf Works xa está traballando de novo reparando pranchas de surf nas Rías Baixas no seu novo taller. Este ano tamén van arranxar as pranchas de foam de escolas grazas ás melloras no seu sistema de traballo. Podedes deixar o voso material pra reparar nas tendas que colaboran con eles: Waira, The Box, Novalbos ou As Surf Shop.

Ler máis...
 
Stinky Tofu Surfboards abre tenda e obradoiro en Porto do Son
Luns, 05 Setembro 2011 00:00

Os riders do Barbanza están de noraboa xa que Stinky Tofu Surfboards ven de abrir o seu novo obradoiro e tenda en Xuño no Concello de Porto do Son. Alex Cancio, o shaper, publicou os seus agradecementos e bastantes fotos no seu blog que podedes visitar pra ver os últimos modelos de pranchas e coñecer o novo local de traballo.

Ler máis...
 
Campaña de Apoio aos Shapers Locais!
Martes, 12 Xullo 2011 18:03

Surfmarket.org e SurfGZ.com lanzan hoxe esta campaña de apoio aos nosos shapers nestes tempos nos que as grandes marcas queren vender pranchas de fora a uns prezos altos. Mercar unha prancha de fora ten unha pegada de carbono moi elevada polo gasto en combustible no seu transporte. Asemade, os cartos do teu peto marchan pra fora a empresas que logo non invirten nas nosas praias nen nos nosos clubes. 

En Galiza temos un bo número de shapers locais que coñecen perfectamente as nosas ondas e saben como surfamos xa que nos ven na praia todos os días. Coñecen o noso peso e como colocamos as pernas cando estamos de pé na onda. Estes son os prinpicipais motivos polos que se vas comprar unha prancha nova, non dubides en contactar co teu shaper local e falar primeiro con el.

Seguro que consigues un prezo mellor e unha nova prancha máis adaptada ao teu nivel de surf.

Ler máis...
 
Reportaxe de Iron Mountain na revista Tintimám
Xoves, 30 Xuño 2011 20:59

Na páxina 32 da revista Tintimám tedes unhas boas fotos e unha reportaxe sobre a marca galega Iron Mountain Surfboards. Na portada da revista tedes a Román Díez coa nosa camisola traballando no seu galpón.

Ler máis...
 
Riders e shapers de Pukas en Artsurfcamp Live TV - 17 de Xuño
Luns, 13 Xuño 2011 18:50

Pukas e Art Surfcamp alían as súas forzas na praia de Razo para presentar un evento en directo con todos os ingredientes: Shapers internacionais, táboas, riders e surf. Johny Cabianca, Mikel Agote, Mario Azurza e Adur Letamendía compartirán experiencias e presentarán o PUKAS TEST PILOT 2012. Poderase facer preguntas en directo ás que eles contestaráns. Manuel Alonso, director técnico do Art Surfcamp, Jaime Azpiroz e Christan Haro, comerciais técnicos de Pukas, estarán tamén presentes.

Como ingrediente especial e exclusivo Pukas mostrará as táboas de Leds que tanta expectación xeraron: www.pukassurf.com/new.php?id=1010

Poderás seguir o evento en directo e participar na páxina www.artsurfcamp.com/live e a través de facebook de Artsurfcamp e de Pukas .

Ler máis...
 
ABST Covas entrevista a Román Díez
Martes, 17 Maio 2011 20:00

Na web de ABST Covas acaban de publicar unha interesante a Román Díez, un dos shaper máis activos das Rías Baixas. Na entrevista falan do novo circuíto de longueirón 2011 organizado polo G.A.L., tamén sobre os diferentes tipos de pranchas do mercado e moitas outras cousas relacionadas co surf.

Se estades interesados no mundo do shape ou queredes coñecer as opinións dun dos mellores riders de longueirón da nosa costa podedes facelo visitando a seguinte ligazón:

http://abstcobas.blogspot.com/2011/05/abst-cobas-entrevista-roman-diez.html

 
Family Shaper Pukas en Art Surf Camp
Venres, 01 Abril 2011 10:48

Este luns 4 de Abril as 13:00 horas vai ter lugar unha entrevista online con Johnny Cabianca, dende a factoria de Pukas, retransmitida pola xente do Art Surf Camp. Ides poder facerlle preguntas a este shaper e participar nun concurso de 5 días de estancia en Semana Santa no Art Surf Camp.

Poderase ver o vídeo en diferido ás 13h. aproximadamente 1 hora e tamén quedará gravado para os que non poidades velo en directo e queirades velo despois na web de www.artsurfcamp.com/live/

Ler máis...
 
Reutilizando as nosas quillas - Roto Surf Works
Xoves, 17 Febreiro 2011 00:00

A xente de Roto Surf Works ven de publicar un interesante artigo onde podemos ver o proceso de reparación dunha quilla vella. No seu blog comentan que non é necesario tirar as quillas vellas de fibra xa que poden ser reparadas.

Unha quilla vella e rota

Ler máis...
 
Pintando a miña Ohana [VIDEO]
Mércores, 16 Febreiro 2011 00:00

O rider e shaper Emerson Lopes acaba de publicar un interesante video onde pinta a súa nova prancha. No video tamén aparece surfando algunhas boas ondas.

Ler máis...
 
Novo teléfono de Ohana Surfboards
Mércores, 15 Decembro 2010 00:00

A xente de Ohana Surfboards veñen de publicar na súa web o seu novo número de teléfono de contacto:

981 75 24 57


 
Presentación de Iron Mountain Surfboards en Patos
Luns, 08 Novembro 2010 00:10

Co gallo da celebración do Campionato de Promesas na praia de Patos de hai dúas semanas, o shaper Román Díez fixo a presentación da súa marca de pranchas de surf Iron Mountain Surfboards con moito éxito e interese da xente que pasou pola súa carpa. Tamén temos que destacar a fichaxe de Manu Fernández como rider do seu equipo de competición.


Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 4

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: