Campaña de Apoio aos Shapers Locais! |
Martes, 12 Xullo 2011 18:03 | |||||
En Galiza temos un bo número de shapers locais que coñecen perfectamente as nosas ondas e saben como surfamos xa que nos ven na praia todos os días. Coñecen o noso peso e como colocamos as pernas cando estamos de pé na onda. Estes son os prinpicipais motivos polos que se vas comprar unha prancha nova, non dubides en contactar co teu shaper local e falar primeiro con el. Seguro que consigues un prezo mellor e unha nova prancha máis adaptada ao teu nivel de surf. Como Colaborar na Campaña? Se queres colaborar nesta campaña soamente tes que copiar algún destes banners e pegalo no teu blog ou web con unha ligazón a este artigo que iremos mellorando e empregaremos como base desta campaña aos shapers locais na nosa costa. Se xa tes o banner no teu blog avísanos e publicaremos un link teu neste artigo. Banners da Campaña:
|
Novidades:
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado
- Surf en Praia América