Nace o Proxecto Kiskillas: unha marca galega de quillas |
Luns, 10 Xuño 2013 00:00 | |||
O pasado mes naceu na Costa da Morte o Proxecto Kiskillas da man de Chusma Surfboards co obxetivo de fabricar quillas artesanais pra pranchas retro, fish e longboards. A súa producción no é moi grande pero si a súa calidade e acabados. Se queres deixar o teu diñeiro en Galiza en vez de comprar quillas chinas podes contactar con Chusma e levar sempre postas as túas quillas de surf 100% galegas. O Proxecto Kiskillas é unha colaboración, o deseño tanto de formas como de decoracion vai a conta de Chusma e a producción corre a cargo do seu socio Naso, agora estén en fase de desenvolvemento do producto, mais decidiron presentalo par ir obtendo visibilidade, pouco a pouco van ir mostrando quillas feitas con diferentes tecnicas e acabados. Quilla de 4,25" en fibra maciza e tintada con azuis e verdes. Toda a info deste proxecto en: http://kiskillas.blogspot.com.es
|