Conversas con Iron Mountain |
Mércores, 14 Maio 2014 20:47 | |||
O outro día atopámonos con Román, o fundador dunha das marcas máis recoñecidas do shape galego e non puidemos resistirnos a facer unha pequena entrevista pra coñecer a súa opinión sobre certas cousas que rodean o surf e a fabricación de pranchas. Debaixo tedes o que foi esta pequena conversa e algunhas fotos dos seus últimos traballos. Levas casi unha década shapeando pero nos gustaría saber como foron os teus comezos no mundo do shape? Pois como todo o mundo eu creo, por curiosidade, saber que se esconde detrás dunha tabla de surf e o traballo que leva, todo isto gracias a un coñecido meu que se prestou a ensinarme o pouco que sabía. Despois xa foi algo habitual verme shapeando facendo pranchas para os amigos e tamén o meu propio quiver. Podes explicarnos as diferencias do presente e o pasado? É máis fácil ser shaper hoxendía? Eu non diría máis fácil porque non creo que shapear sexa máis fácil, pero si máis accesible. Hoxe é máis sinxelo atopar o material pra facer pranchas e tutoriais que te axudan un pouco a aprender determinadas técnicas básicas. Pero realmente onde aprendes é como antes, co contacto diario entre shapers aprendendo todos de todos, iso é o que te fai crecer. Ser shaper é unha palabra moi grande que esixe moito traballo, moitas pranchas, esforzo e humildade e que poucos poden levar con maiusculas, esas son as persoas que admiro e gústame aprender delas. Nesta época de crise económica é posible fabricar tablas de calidade a bos prezos? É moi complicado, pra ter un bo material de fabricación tes que pagar pola resina e o foam de calidade e a xente cada vez quere as cousas máis baratas, pero podemos diferenciar dous tipos de mercado: long e "retro", que está empezando a valorar moito o bo traballo feito a man e o mercado de pranchas tipo shortboard moi competitivo con moita demanda e competitivo. É complexo adaptarse a estes dous mercados pero se intenta. Pois que é algo que xa forma parte da nosa vida, xa non se sabe que marca fabrica en China e cal non, é moi complicado, realmente todos recorremos a China, xa non é cuestión de táboas se non de roupa, o que temos que facer cada un de nós é valorar prioridades, algo bo e de garantías ou algo que non coñecemos e que "sabe deus". En canto a táboas temos que ser pacientes e non comprar o primeiro que atopemos ou o máis barato e sobre todo e importante ser aconsellados por un un shaper ou persoal cualificado, isto é fundamental!!! De todo, pranchas preciosas e coas que me quedaría, xoias do pasado que non lles dan aprecio, táboas destrozadas, de todo.. podería escribir un libro . Que tal o teu equipo 2014? Pódesnos contar quen o forma? Pois que me sinto moi orgulloso jejjejejej non busco aos mellores, se non que busco a xente que tanto no persoal como na auga poidan representar a IM con orgullo e que me poidan achegar novas ideas ás miñas formas. O equipo está dividido en dous bloques, en táboa curta promesas e en longboard/logger que é onde creo que a aportación é máis grande. En táboa curta promesas teño a Manuel Costas, un mozo de Nigrán que leva comigo case catro anos e foi o primeiro integrante do Team, é alguén da casa que me axuda moito en difusión e achega un montón de ideas nas táboas e doutra banda teño a Pedro Suarez un neno de 11 anos que teño entre algodóns pola súa idade e que vai dar moito que falar nun futuro. En long o equipo é moito máis amplo e diverso, teño a xente de 12 anos como Iago Formosel, promesa do long estatal, pasando por competidores de nivel cono poden ser os campións galegos Nestor Martínez e Alberto Mouriño ou freeriders como o italiano Ettore Burdese e Arantza da Pedraja persoas cun estilo impecable. Quizáis teño unha espinita cravada cun longboarder pero todo non se pode ter. Cal é o espíritu de Iron Mountain Surfboards?? Creo que Im é algo que pretende ser divertido, dende o logo da nosa marca ata o que pretenden ser as miñas pranchas dentro da auga, pura diversión sen máis pretensións. Pois que pensen moi ben que tipo de táboa e de surf queren facer e que consulten aos shapers, que non sempre a táboa máis bonita e co mellor debuxo é a que mellor se adapta a eles e que valoren realmente "se queren unha táboa ou divertirse ". Se queres contactar con Roman e preguntar calquera dúbida sen compromiso podedes facelo a través do seu email en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Tamén podedes contactar no seu FB: https://www.facebook.com/ironmountain.surfboards E visitar o seu blog pra seguir o seu traballo: http://ironmountainsurfboards.blogspot.com.es {fcomments}
|
Novidades:
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol