Surf Shapers Crab Surfboard Open Days - 23 e 24 de Maio
Crab Surfboard Open Days - 23 e 24 de Maio
Luns, 19 Maio 2014 20:32

crab surfboards

Crab SurfBoards fai a súa presentación oficial nas canles dixitais inaugurando a súa nova web: www.crabsurfboards.com e as súas canles sociais no Facebook: facebook.com/crabsb e Instagram: instagram.com/crabsurfboards.

Na nova web poderás seguir toda a traxectoria da marca e ver os seus modelos, encargar a túa propia táboa custom ou coñecer toda a actualidade da marca e sesións da CrabSurfboards Crew na auga a través da súa blog. Por suposto poderás estar en contacto inmediato a través das súas canles nas redes sociais onde se fan eco de todas as súas publicacións.

Jason Flanagan shapeando

Coincidindo co lanzamento das súas canles dixitais e englobado na xira de Shaping Tour de Flanagan, tráennos a Jason en exclusiva para toda España do 22 ao 29 de Maio. Flano, estará eses días shapeando no taller de Crab Surfboards táboas para todos os afortunados que soliciten unha táboa feita polo mesmo durante eses días ou que sinxelamente se queiran pasar a ver como traballa un shaper desta categoría.

crab surfboards

Por todo iso durante os días venres 23 e sábado 24 de maio levará a cabo unha xornada de portas abertas 'CRAB SURFBOARDS OPEN DAYS' onde todo o mundo está convidado a pasarse a coñecer o noso taller funcionando en directo e charlar con Jason Flanagan ou velos shapear, ver e tocar os nosos modelos de táboas mentres corre a CERVEXA FRÍA a conta da casa.

Se es un verdadeiro fanático do surf e da cervexa e nunca viches un autentico taller de surf en directo, non podes deixar de pasar e demostrar canto tempo es capaz de estar a ver táboas de surf, falando de surf ou?.. cantas cervexas gratis es capaz de beber!!!

Esta marca galega coa súa fábrica situada en Betanzos, é actualmente a máis moderna en Galicia. Cun taller de máis de 500m e varias salas de shape, glasseado e lijado, fai uso das últimas tecnoloxías na fabricación de táboas, deseñando con Shape 3D e shapeando cun CNC de 4 eixos e utilizando só materiais da mellor calidade como Artic Foam, resinas Cray Valley, fibra Hexcell e tapóns Future ou FCS orixinais. Ademais conta con todo o catálogo de quillas Future e os incribles leashes e accesorios Ocean & Earth.

crab surfboards

A marca conta actualmente con máis de 14 modelos diferentes para todas as condicións e niveis, deseñados por José Freire, shaper da marca e  supervisados no seu deseño por Jason Flanagan, un dos mellores shapers do mundo, que fai e fixo táboas para WCTs, WQSs e legends como Tom Curren, Owen Wright, Michel Bourez, Mateia Hiquily, Dylan Lehmann, Adam Melling, Steven Pierson, e outros moitos.

Naun Ildefonse rider de Flanagan

Crab Surfboads é ademais o taller oficial da marca Flanagan en España, neste taller José Freire lamina e glassea os deseños das táboas deseñadas por Flanagan para o team coas que surfearon nas probas do WCT en Francia, Peniche e Azores en 2013, ademais das táboas coas que Mateia e Steven Pierson gañaron o último Rias Baixas Pro Junior e o Pantín Classic celebrado.

crab surfboards

Tedes máis info en:

www.crabsurfboards.com 

facebook.com/crabsb

instagram.com/crabsurfboards.

{fcomments}

 
22 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: