Venres, 17 Decembro 2021 16:19 |

Esta fin de semana tedes o III SURF SWAP, no que que colabora Lobos de Mar Surf Clube como é tradicional por Nadal, durante o Mercado das Nubes na Coruña, situado no precioso edificio do Mercado de San Agustín. |
Ler máis...
|
Sábado, 21 Agosto 2021 16:33 |

Comunicado do Concello da Laracha o pasado día 16 de Agosto. O Concello prohibirá a práctica do surf na praia de Caión na temporada de verán durante as horas de maior aglomeración de persoas. A medida será efectiva xa desde hoxe.
A decisión tómase coa finalidade de garantir a seguridade e despois de que se detectase a afluencia dun importante volume de surfistas en hora punta e con marea alta –cando a superficie do areal se reduce en gran medida-, o que derivou en situacións de risco e perigo para os bañistas que compartían espazo con eles.
O Concello informará desta circunstancia colocando cartelería nos accesos ao areal, advertindo tamén de que vulnerar as instrucións a requirimento verbal dos axentes da autoridade ou do persoal de salvamento e socorrismo suporá o abandono inmediato da zona sen prexuízo da imposición das sancións previstas na ordenanza municipal de promoción das condutas cívicas e protección dos espazos públicos.
A práctica do surf continuará permitíndose tanto de maneira regulada (a través das escolas) como libre durante as horas restantes do día.

|
Venres, 21 Maio 2021 16:51 |
A sostenibilidade ten tamém un impacto social e é por iso que a Fundación R.C. Deportivo, liderada pola Depor Genuine, entra dentro do proxecto @wesusustainability e van facer un pouco de surf xuntos.
|
Venres, 26 Marzo 2021 14:15 |
Velaquí tes o resumo dunha fermosa viaxe a Galicia protagonizada por Thomas Traversa pra surfear coa súa vela as nosas potentes ondas na costa da Mariña Lucense.
|
Luns, 17 Febreiro 2020 18:03 |

O pasado día 27 de decembro o surfeiro profesional Axi Muniain perdeu parte do seu quiver de tow-in que levaba no remolque ao romper a cincha de seguranza mentras viaxaba pola autoestrada. As táboas perdidas son 2 de towin con agarres e unha táboa de surf azul da súa parella. Agora Axi solicita axuda nas redes sociais pra atopar o seu material e ofrece cincocentos euros de recompensa polas táboas. |
Ler máis...
|
Martes, 19 Novembro 2019 15:45 |
Milu González aproveitando a súa estancia en Galicia e gozando da compañia e xenerosidade do seu amigo Aaron Costa fixeron este fermoso vídeo compartindo unha mañá facendo skimboard na praia de Areabrava no Morrazo.
|
Luns, 21 Outubro 2019 00:00 |
Un pouco de bodysurf coa fotógrafa Bego Fouz perto da súa casa. |
Mércores, 04 Setembro 2019 16:15 |
Campionato de alumnos e festa fin de verán de Prado Surf Escola na praia de Patos. Grazas a todos o que viñestes nun día tan especial. |
Ler máis...
|
Luns, 22 Xullo 2019 11:43 |

A CMAT continúa apoiando a Candidatura de Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf tras superar a primeira faseA CMAT estivo presente o pasado venres 12 de xullo na convocatoria do Grupo Promotor da candidatura de Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf. A Praia de Razo foi o escenario escollido para comunicar que a proposta presentada a “Save the Waves Coallition superou a primeira fase do proceso selectivo.
|
Ler máis...
|
Luns, 08 Xullo 2019 10:02 |
Resumo do evento organizado pola asociación de escolas de surf de Patos e o Concello de Nigrán con máis de trescentos surfeiros que celebraron este pasado domingo 30 de xuño na praia de patos o “Patos surfing day 2019”. |
Ler máis...
|
Luns, 01 Xullo 2019 21:03 |
Resumo do primeiro evento a través da plataforma We deste verán coa colaboracion de Caión Surf House e Maeloc Way o pasado sábado 1 de xuño na praia de Caión. |
Ler máis...
|
Xoves, 27 Xuño 2019 19:44 |
O plástico que se acumula nos nosos océanos e nas nosas praias converteuse nunha crise mundial. Millóns de quilos de plástico pódense atopar flotando á deriva e nas profundidades dos océanos do planeta. Con este crecemento tan grande espérase que o plástico supere a todos os peixes no mar para o ano 2050.
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 55 |