Surf Outras
Girls Surfing Day - North Shore Surf Clube
Xoves, 25 Xuño 2015 14:50

O vindeiro 4 de Xullo podedes participar nunha nova edición do Girls Surfing Day na praia de Balea, na Mariña, organizado polo North Shore Surf Clube. O evento comeza a partires das 11:00 da mañá e podedes cursar a vosa inscripción no email northshoreclubedesurf[@]gmail.com. Totalmente de balde clases e material. Prazas limitadas.

north shore surf clube

Ler máis...
 
3º Surfing Day Movemento Nambuma Malawi en Barrañán - 20 de Xuño
Xoves, 18 Xuño 2015 09:10

Movemento Nambuma Malawi - O verán xa está ao virar a esquina, e con el chega o noso evento máis ligado ao sol e a praia, as xornadas de iniciación ao Surf. Como cada ano estarán enfocadas a todos os que estades nunha fase de iniciación a este incrible deporte, xa sexades nenos ou non tan nenos. Se o voso nivel é algo máis alto e queredes apuntarvos non dubidedes en facelo porque os profes de VAZVA estarán encantados de darvos unha master class. A data será o día de 20 de Xuño no paraíso escondido do Surfari Surf Camp de Barrañan. Como sempre a data confirmarase a semana do evento posto que dependerá moito das condicións.
Ler máis...
 
As duchas de pago de Nigrán van ser retiradas!
Mércores, 17 Xuño 2015 08:28


Dous anos despois de instalar as duchas de pago na praia de Nigrán recibimos a boa nova da súa desaparición. Este servizo custou ás arcas do Concello uns 100.000 euros e soamente ingresaron uns 15.000€ polo que se demostra o despilfarro do antigo governo do PP municipal pra beneficiar a certas empresas próximas ao Concello e que foron denunciadas pola oposición. Agora, unha vez que foron botados do Concello, o novo governo vainas eliminar a partires do 1 de Xullo. Por fin temos duchas na praia.

Ler máis...
 
Eric Rebiere e Prado surf asinan acordo de colaboración en Sabón
Luns, 15 Xuño 2015 00:00

Esta semana comezamos coa nova da colaboración entre Prado Surf e o rider profesional Eric Rebiere na praia de Sabón pra ofrecer servizos de tecnificación e mellora para surfeiros de todos os niveis que queiran progresar na auga. O novo centro xa está aberto pero a inauguración oficial será o vindeiro 19 de Xuño a partires da sete da tarde con música e churrasco.

Ler máis...
 
Patos Sufing Day - 21 de Xuño
Martes, 09 Xuño 2015 14:49

Os nenos e persoas interesadas en recibir as súas primeiras clases de surf poden pasar por Novalbos pra se inscribir no Patos Surfing Day 2015 que vai ter lugar na praia de Patos o vindeiro 21 de Xuño, organizado polo Concello de Nigrán e Patos Surf Escola. Inscripcións abertas ata o 17 de Xuño.

Ler máis...
 
Enquisa proxecto investigación: Turismo e Surf
Venres, 29 Maio 2015 09:17


Diego Santos, surfeiro das Rías Baixas e estudante de postgrado en Socioloxía, solicita a vosa axuda pra participar nun proxecto de investigación sobre surf e turismo, centrado en tipos de vixes e ondas artificiais, que esta a realizar. A enquisa é sinxela de facer e leva uns catros minutos polo que non é moito traballo e así podedes colaborar con este proxecto expoñendo o voso punto de vista.

Ler máis...
 
Illa Pancha non se toca. O noso Faro non é un resort.
Xoves, 28 Maio 2015 00:00

Estes días limos na prensa outra noticia moi desagradábel sobre a intención do Goberno de transformar o faro de Illa Pancha nun hotel privado. Agora podemos anunciar o nacemento dunha campaña de oposición a esta medida con lema: "O Faro pertence aos ribadenses, así como a nosa preciosa Illa Pancha" Esta plataforma crease con a intención de conservar pública e intocable esta xoia.


Por favor asinade pola paralización desta nova desfeita na nosa costa e para protexer a entorna natural dunha das nosas millores ondas!

https://secure.avaaz.org/es/petition/Consejo_de_Ministros_Impedir_el_uso_del_faro_de_Ribadeo_como_hotel

Ler máis...
 
Clases de surf para axudar ao Nepal - Limosa Surf
Luns, 25 Maio 2015 21:34


O vindeiro sábado día 30 de maio a Limosa Surf School impartirá clases de surf de 16:00 a 18:00 na praia de Limosa a cambio dun donativo para os afectados polo terremoto de Nepal. A cantidade recaudada será entregada á ONG Médicos del Mundo ‪#‎médicosdelmundo‬

Ler máis...
 
Surf no mercado de Matosinhos - 6 de Xuño
Luns, 18 Maio 2015 09:00

Surf Matosinhos

O vindeiro 6 de Xuño tedes unha cita no mercado de Matosinhos en Portugal pra poder mercar material novo e de segunda man a bo prezo, musica, actuacións, exposición de fotografía e máis actividades. Se estades preto podedes pasar sen problemas xa que a entrada é gratuita.

Ler máis...
 
Step by step? Anxo Reboredo [VIDEO]
Mércores, 06 Maio 2015 07:55

Vídeo de surf e arte con Anxo Reboredo onde mostra a súa reflexión sobre o triste futuro que lle espera aos nosos océanos por mor do quecemento global. Morte de peixes e destrucción da natureza. Un traballo con imaxes de surf gravadas con GoPro pero que mistura co debuxo facendo un bo traballo artístico.

Ler máis...
 
Festa 10º Aniversario de Vazva - 9 de Maio
Luns, 04 Maio 2015 14:17

Este 9 de Maio tedes unha cita na Coruña co gallo da festa 10º Aniversario de Vazva con grupos de música e moito rock and roll no mítico Playa Club. As entradas son de balde e podes conseguilas mediante un código QR nas úas tendas ou enviando un email a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Ler máis...
 
Varias Federacións Galegas deportivas salpicadas pola corrupción dentro das investigacións da Operación Pokémon
Venres, 24 Abril 2015 14:47

Pokemon surfA pasada semana a xuíza Pilar de Lara autorizou aos axentes da Axencia Tributaria a recabar datos fiscais de 60 empresas da provincia da Coruña e Lugo relacionadas coa importante operación anticorrupción Operación Pokémon que leva activa dende o 2012.

Estes días os nomes destas empresas e asociacións comezaron a ser publicadas por mor do levantamento de parte do segredo de sumario, nestes documentos aparecen a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, Federación Galega de Atletismo, a Federación Galega de Baloncesto, o equipo de baloncesto Basquet Coruña, Unilever, Vendex, Eulen, Ranstad e outras 50 empresas.

Segundo recolle o auto da xuíza estas empresas, federacións e asociacións recibían favores e subvencións a cambio de supostas comisións e tamén pagos en forma de contratacións de familiares e amigos dos políticos implicados. Este caso salpica a varios partidos políticos como PSdG, BNG e PPdG pero en especial aos alcaldes e concelleiros do Partido Poular da Coruña e Santiago,onde houbo xa varias renuncias e dimisións por estes supostos subornos e tráfico de influencias, e maila Deputación da Coruña, tamén salpicada.

Na seguinte ligazón podedes ler parte dos emails entre un concelleiro da Coruña e un Conselleiro da Xunta de Galicia enchufan a unha filla dun amigo nas probas para socorristas nas praias da Coruña e que implican tamén a Federación Galega de Socorrismo e Salvamento.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 55

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: