Cartel
Surf Outras
Illa Pancha non se toca. O noso Faro non é un resort.
Xoves, 28 Maio 2015 00:00

Estes días limos na prensa outra noticia moi desagradábel sobre a intención do Goberno de transformar o faro de Illa Pancha nun hotel privado. Agora podemos anunciar o nacemento dunha campaña de oposición a esta medida con lema: "O Faro pertence aos ribadenses, así como a nosa preciosa Illa Pancha" Esta plataforma crease con a intención de conservar pública e intocable esta xoia.


Por favor asinade pola paralización desta nova desfeita na nosa costa e para protexer a entorna natural dunha das nosas millores ondas!

https://secure.avaaz.org/es/petition/Consejo_de_Ministros_Impedir_el_uso_del_faro_de_Ribadeo_como_hotel

Ler máis...
 
Clases de surf para axudar ao Nepal - Limosa Surf
Luns, 25 Maio 2015 21:34


O vindeiro sábado día 30 de maio a Limosa Surf School impartirá clases de surf de 16:00 a 18:00 na praia de Limosa a cambio dun donativo para os afectados polo terremoto de Nepal. A cantidade recaudada será entregada á ONG Médicos del Mundo ‪#‎médicosdelmundo‬

Ler máis...
 
Surf no mercado de Matosinhos - 6 de Xuño
Luns, 18 Maio 2015 09:00

Surf Matosinhos

O vindeiro 6 de Xuño tedes unha cita no mercado de Matosinhos en Portugal pra poder mercar material novo e de segunda man a bo prezo, musica, actuacións, exposición de fotografía e máis actividades. Se estades preto podedes pasar sen problemas xa que a entrada é gratuita.

Ler máis...
 
Step by step? Anxo Reboredo [VIDEO]
Mércores, 06 Maio 2015 07:55

Vídeo de surf e arte con Anxo Reboredo onde mostra a súa reflexión sobre o triste futuro que lle espera aos nosos océanos por mor do quecemento global. Morte de peixes e destrucción da natureza. Un traballo con imaxes de surf gravadas con GoPro pero que mistura co debuxo facendo un bo traballo artístico.

Ler máis...
 
Festa 10º Aniversario de Vazva - 9 de Maio
Luns, 04 Maio 2015 14:17

Este 9 de Maio tedes unha cita na Coruña co gallo da festa 10º Aniversario de Vazva con grupos de música e moito rock and roll no mítico Playa Club. As entradas son de balde e podes conseguilas mediante un código QR nas úas tendas ou enviando un email a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Ler máis...
 
Varias Federacións Galegas deportivas salpicadas pola corrupción dentro das investigacións da Operación Pokémon
Venres, 24 Abril 2015 14:47

Pokemon surfA pasada semana a xuíza Pilar de Lara autorizou aos axentes da Axencia Tributaria a recabar datos fiscais de 60 empresas da provincia da Coruña e Lugo relacionadas coa importante operación anticorrupción Operación Pokémon que leva activa dende o 2012.

Estes días os nomes destas empresas e asociacións comezaron a ser publicadas por mor do levantamento de parte do segredo de sumario, nestes documentos aparecen a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, Federación Galega de Atletismo, a Federación Galega de Baloncesto, o equipo de baloncesto Basquet Coruña, Unilever, Vendex, Eulen, Ranstad e outras 50 empresas.

Segundo recolle o auto da xuíza estas empresas, federacións e asociacións recibían favores e subvencións a cambio de supostas comisións e tamén pagos en forma de contratacións de familiares e amigos dos políticos implicados. Este caso salpica a varios partidos políticos como PSdG, BNG e PPdG pero en especial aos alcaldes e concelleiros do Partido Poular da Coruña e Santiago,onde houbo xa varias renuncias e dimisións por estes supostos subornos e tráfico de influencias, e maila Deputación da Coruña, tamén salpicada.

Na seguinte ligazón podedes ler parte dos emails entre un concelleiro da Coruña e un Conselleiro da Xunta de Galicia enchufan a unha filla dun amigo nas probas para socorristas nas praias da Coruña e que implican tamén a Federación Galega de Socorrismo e Salvamento.

Ler máis...
 
Nova web de Patos Surf Escola!
Luns, 20 Abril 2015 09:01

Patos Surf

Patos Surf Escola xa ten unha nova web na que podedes seguir as súas novidades, coñecer a sú historia, alugar material de surf, reservar clases e ver os seus vídeos destacados. Deste xeito un dos clubes máis antigos de Galiza, fundado en 1989, actualiza a súa imaxe en internet e mantén a dinámica de ter unha boa presenza en internet e nas Redes Sociais.

Ler máis...
 
Dispoñible a nova colección TSP - The Surfeiros Piratas 2015
Mércores, 18 Marzo 2015 00:00

A empresa galega de roupa surfeira The Surfeiros Piratas ven de presentar a súa nova colección de camisolas para a tempada de primavera e verán 2015 con novos modelos que xa están na súa tenda online e que destacan pola súa elegencia e polo seu deseño baseado en trazos e misturas de cores.

Ler máis...
 
Continúa a loita da Asociacion de Pantín por un local público e aberto!
Martes, 10 Marzo 2015 11:33

Adc Xisto Praia de Pantín - POLOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS!! Iso é o que se pode ler na foto. Pese a non ter o apoio do Goberno local do Concello de Valdoviño, comezamos coas nosas actividades. E o que está claro que, para traballar precísase dun lugar. E aquí está o resultado: A NOSA CARPA SOCIAL!! DIGNA, NON?

Ler máis...
 
Prado Surf Escola Entroido Surfeiro 2015
Xoves, 05 Marzo 2015 10:16

Resumo da xornada do Entroido Surfeiro organizado por Prado Surf Escola o pasado mes de Febreiro e que contou coa participación de moitos alumnos, monitores e amigos que entraron na auga cos seus millores disfraces. A xente pasouno moi ben e foi un día de surf divertido e diferente.

Ler máis...
 
A Contracorrente - Surf en Madrid [VIDEO]
Luns, 16 Febreiro 2015 00:00

Comezamos a semana con esta curtametraxe feita por Pablo Baamonde que mostra a soidade dun surfeiro vivindo en Madrid. Hai que estar con moitas ganas pra se meter o neopreno e camiñar polo centro da cidade pra surfear nas limpas augas do parque do Retiro. Nós sabemos perfectamente o que se sinte cando vives a 600 kilómetros da costa e tes necesidade de surf. Grande Pablo!

Ler máis...
 
Xa temos máis de 4.000 seguidores no noso Twitter!
Domingo, 15 Febreiro 2015 19:08

Twitter Surf Galicia

Dende Outubro do 2010 estamos a publicar os nosos contidos no Twitter @surfgz e acabamos de superar a cifra de 4.000 seareiros e xa somos sen dúbida unha das contas de xornalismo surfeiro máis importantes de Europa. Poucas webs de surf contan con tantos followers e superamos claramente a outros xornais importantes galegos sen contar con ningunha subvención ou publicidade institucional.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 55

Estado do Mar a tempo real


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia.

Levamos traballando dende 2008 e publicamos máis de 5.000 novas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: