Surf Outras
Un ano conservando o surf nas Rías Baixas
Xoves, 18 Xaneiro 2018 00:00

Pequeno resumo do 2017 feito por "La Conservera del Surf" con imaxes de surf de iniciación e perfeccionamento, tamén surfskate cos máis pequenos. Clases impartidas e gravadas por Nico Peña, Michi Gómez, Manu Birdman e Aitor Pulido ao redor de Vigo.

Ler máis...
 
Benvido 2018 con Abel Lago
Martes, 02 Xaneiro 2018 10:18

Abel Lago estaba na auga a primeira hora do día 1 de Xaneiro e nada mellor que comezar o ano nunha nova onda. Vento, frío e moito mar foron os compañeiros de Abel nesta primeira sesión do ano!

Ler máis...
 
Voltan os Papa Noeis surfeiros a Patos
Martes, 19 Decembro 2017 17:07


O vindeiro día 23 de Decembro ás 11:00 horas chegan os famosos Papa Noeis surfeiros á praia de Patos e como en anos anteriores tamén solidarios. Santa Claus non se despraza en trineo por estas latitudes, faino sobre a táboa de surf, máis por diversión que para poder carrexar os agasallos dos nenos. Van 11 edicións nas que celebramos o Nadal ao grande cos seus Papa Noeis surfeiros, que cambian o tradicional abrigo, por traxes de licra de cor vermella.

Ler máis...
 
Halloween Surf Contest 2017
Domingo, 05 Novembro 2017 12:14

Vídeo do concurso de disfraces organizado por Base Surf Camp na praia de Caión co gallo da festa tradicional do Samaín. Moitas risas, bo ambiente e ondas pequenas nunha festa surfeira que esperamos se repita o ano que ven.

 
Curso de Apnea no Artsurfcamp - 11 de Novembro
Luns, 30 Outubro 2017 08:52

Desde a escola de surf Artsurfcamp seguimos dando pequenos pasos para poder desenvolver o ensino do surf de maneira transversal, prestando atención a todas as variables que inflúen na práctica do noso deporte favorito. Por esta razón temos programado un curso de técnicas de respiración e apnea para os días 10 e 11 de Novembro. Titulación: O stage impártese baixo a metodoloxía de Apnea Academy cuxo buque insignia é Umberto Pelizzari. Ao finalizar o curso recibirás un diploma de asistencia.

O curso será impartido por Mario Lázaro, instrutor internacional de Apnea Academy desde o 2011 e instrutor de apnea desde o ano 2006. O prezo do curso son 150€ e inclúe material didáctico, seguro, adestramento en piscina, etc. O horario das clases será o venres desde as 15:00h ata as 21:00h e o sábado desde as 10:00 ata as 21:30. As clases terán lugar nas instalacións municipais do concello de Carballo. Para grupos de 3 ou máis persoas e para federados na Federación Galega de Surf.

Ler máis...
 
Galicia Skimboard Sessions
Venres, 20 Outubro 2017 00:00

Juanlu Gonzalez - Despois de participar no 2º Campionato Internacional Trafalgar skim contest, decidimos subir a Galicia a recargar as nosas pilas. Unha viaxe pra relaxarnos e coñecer aínda máis as costas galegas, Melide foi a protagonista, sempre con algo de ondas de calidade, e case a diario, regalounos sesións moi divertidas, espero que vos guste o vídeo. Grazas como sempre á hospitalidade de Aaron e Stefany. Tratáronnos como reis, espero que pronto creza o skimboard por Galicia, aproveitade galegos!! Até a próxima!!

Ler máis...
 
Pure Surfing pecha as súas portas o 15 de Outubro
Xoves, 05 Outubro 2017 10:18

Pure surf company Coruña

O próximo día 15 de outubro Pure Surfing Co. pechará as súas portas. Atrás quedan 18 anos de andaina que nos deixan grandes recordos, moita satisfacción e, sobre todo, grandes persoas que se cruzaron polo noso camiño. A partir do 1 de outubro e, só ata o 15 de outubro faremos unha LIQUIDACIÓN TOTAL na maioría dos produtos expostos. Incluíndo unha selección de táboas de surf, neoprenos, todo o snowboard, calzado, cazadoras, pantalóns, apparel, libros, gorras, cintos, beanies, mochilas, lentes, botas snowboard, accesorios...

Ler máis...
 
Non te perdas o Rufo's Tribute este sábado na Coruña
Xoves, 21 Setembro 2017 19:42

Xa está todo preparado pra a segunda edición do Rufo's Tribute no Matadero da Coruña este sábado 23 de Setembro. Nestes intres están confirmados 31 participantes con 12 Rufos. Todavía estás a tempo de participar xa que as inscricións permanecen abertas ata o venres ata ás 22:00 horas. Debaixo tedes o programa do evento:


Ler máis...
 
Os Patos surfean de Noite 2017
Xoves, 14 Setembro 2017 09:15

Surf Nocturno 2017, vídeo do evento nocturno do Verán. Grazas a Patos Surf Escola e a Novalbos Wave Company pola organización desta xornada e contar con Iron Mountain Surfboards e Designs MRivas. Outra noite de éxito dun evento que non para de crecer dende os seus comezos.

 
Surfista - Pantomima Full
Venres, 01 Setembro 2017 15:48

Os cómicos Alberto Casado e Rober Bodegas, integrantes de Pantomima Full, presentan este sketch onde tocan varios tópicos do surfeiro do verán que aparece polos surfcamps da nosa costa e desaparecen da praia ata o seguinte verán.

Ler máis...
 
Campionato Alumnos Alumisel 2017 en Patos
Mércores, 30 Agosto 2017 09:30

Resumo do Campionato de Alumnos organizado por Prado Surf Clube pensado pra pasar un día de festa na praia con moitas actividades e algo de surf.

 
Convocado o 1º Galicia Waterman Day
Mércores, 02 Agosto 2017 21:23


Esta fin de semana vai ter lugar o 1º Galicia Waterman Day no que os participantes deberán competir en tres disciplinas diferentes, ondas, vento e travesía. Este evento vai ter lugar nas praias de Río Sieira ou Furnas no Concello de Porto do Son o domingo día 6

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 55

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: