Venres, 20 Outubro 2017 00:00 |
Juanlu Gonzalez - Despois de participar no 2º Campionato Internacional Trafalgar skim contest, decidimos subir a Galicia a recargar as nosas pilas. Unha viaxe pra relaxarnos e coñecer aínda máis as costas galegas, Melide foi a protagonista, sempre con algo de ondas de calidade, e case a diario, regalounos sesións moi divertidas, espero que vos guste o vídeo. Grazas como sempre á hospitalidade de Aaron e Stefany. Tratáronnos como reis, espero que pronto creza o skimboard por Galicia, aproveitade galegos!! Até a próxima!! |
Ler máis...
|
Xoves, 05 Outubro 2017 10:18 |

O próximo día 15 de outubro Pure Surfing Co. pechará as súas portas. Atrás quedan 18 anos de andaina que nos deixan grandes recordos, moita satisfacción e, sobre todo, grandes persoas que se cruzaron polo noso camiño. A partir do 1 de outubro e, só ata o 15 de outubro faremos unha LIQUIDACIÓN TOTAL na maioría dos produtos expostos. Incluíndo unha selección de táboas de surf, neoprenos, todo o snowboard, calzado, cazadoras, pantalóns, apparel, libros, gorras, cintos, beanies, mochilas, lentes, botas snowboard, accesorios...
|
Ler máis...
|
Xoves, 21 Setembro 2017 19:42 |

Xa está todo preparado pra a segunda edición do Rufo's Tribute no Matadero da Coruña este sábado 23 de Setembro. Nestes intres están confirmados 31 participantes con 12 Rufos. Todavía estás a tempo de participar xa que as inscricións permanecen abertas ata o venres ata ás 22:00 horas. Debaixo tedes o programa do evento:
|
Ler máis...
|
Xoves, 14 Setembro 2017 09:15 |
Surf Nocturno 2017, vídeo do evento nocturno do Verán. Grazas a Patos Surf Escola e a Novalbos Wave Company pola organización desta xornada e contar con Iron Mountain Surfboards e Designs MRivas. Outra noite de éxito dun evento que non para de crecer dende os seus comezos.
|
Venres, 01 Setembro 2017 15:48 |
Os cómicos Alberto Casado e Rober Bodegas, integrantes de Pantomima Full, presentan este sketch onde tocan varios tópicos do surfeiro do verán que aparece polos surfcamps da nosa costa e desaparecen da praia ata o seguinte verán. |
Ler máis...
|
Mércores, 30 Agosto 2017 09:30 |
Resumo do Campionato de Alumnos organizado por Prado Surf Clube pensado pra pasar un día de festa na praia con moitas actividades e algo de surf.
|
Mércores, 02 Agosto 2017 21:23 |

Esta fin de semana vai ter lugar o 1º Galicia Waterman Day no que os participantes deberán competir en tres disciplinas diferentes, ondas, vento e travesía. Este evento vai ter lugar nas praias de Río Sieira ou Furnas no Concello de Porto do Son o domingo día 6
|
Ler máis...
|
Luns, 31 Xullo 2017 12:06 |
Estamos en tempos de escolas de surf e praias cheas de bañistas e con poucas ondas así que mellor que arrancar a semana cun bonito vídeo de surf feito pola Conservera del Surf, na praia de Patos en Nigrán. Moncho Varela, Michi Gómez e Manuel Blanco disfrutan cun grupo de rapaces chegados de Madrid mostrando as técnicas básicas pra coller unha onda. Un edit de Matías Rivas. |
Ler máis...
|
Xoves, 27 Xullo 2017 19:33 |

Situada a pé de praia en Mar de Fora, Fisterra, a vila máis emblemática da Costa da Morte, na nosa escola poderás contar con todo o material necesario para as túas clases de surf e rutas de paddle xa sexas neno ou adulto e poderás facer uso das nosas instalacións que contan con vestiario, duchas, parking e ata unha zona relax onde poder descansar gozando do sol e as vistas ao mar.
|
Ler máis...
|
Venres, 14 Xullo 2017 08:49 |

Mañán ides poder participar no Surf Girls Day na praia da Lanzada e organizada por Mission Surf Shop con clases e exhibicion de surf, ioga en paddle surf ao solpor, sorteos e regalos e concerto de Cápitall. Todo este sábado 15 de Xullo a partires das 10:00 horas. |
Ler máis...
|
Luns, 03 Xullo 2017 14:38 |
Resumo oficial do evento Patos surfing day 2017, organizado polo Concello de Nigrán a Federación Galega de Surf e o Patos Surf Clube, máis de douscentos surfeiros celebraron este pasado domingo 25 de Xuño na praia de Patos un día especial con música na praia, cursos gratuítos de surf, probas de táboas, cursos de paddle surf, Flysurf e Hoverboard, Zumba, concurso de baile, gran grellada na praia e como sempre ao finalizar o día nun ultimo acto ecolóxico, realizar unha limpeza da praia. |
Ler máis...
|
Mércores, 21 Xuño 2017 15:48 |

Xa te podes apuntar nas clases de Ioga na praia que van ter lugar os luns, martes e xoves na comarca do Val Miñor impartidos por Giorgia Bulzacca, surfeira italiana afincada na praia de Patos dende hai varios anos. Se queres asisitir podes contactar por teléfono no 600865579 pra ter máis información de horarios e prezos. |
Ler máis...
|
|