Xoves, 27 Abril 2017 16:28 |

Este venres día 28 de abril presentamos ADDICTIØN, a nosa aventura de surf no Ártico, en Lle Tavernier (A Coruña) a partir das 20:30h. Despois do bo recibimento que tivo en Barcelona, esperamos pasárnolo igual de ben aquí. Ademais, haberá exposición e venda de fotos da viaxe. Non cho perdas!
|
Ler máis...
|
Xoves, 27 Abril 2017 08:55 |
Velaquí tedes o vídeo oficial de presentación do proxecto MySurfCoach.es de Jesus Maria Guerra Naveran, adestrador da selección galega de surf, en colaboración con Artsurfcamp na praia de Razo. Se tes un nivel avanzado de surf (non surfeas con softboard, es capaz de pillar ondas en case calquera condición e ir na parede da onda) ou xa levas anos surfeando, tes bo nivel e queres mellorar podes estar interesado nestes adestramentos.
|
Ler máis...
|
Domingo, 09 Abril 2017 20:13 |

A escola de surf Txoko Surf Club precisa monitores de surf, chicos ou chicas, pra traballar na praia de Patos. Imprescindible estar en posesión da titulación de monitor de Surf da Federación Galega de Surf ou da Federación Española. Valoramos a empatía, a capacidade de traballo en equipo e a responsabilidade. |
Ler máis...
|
Luns, 13 Marzo 2017 17:06 |

Prado Surf Escola precisa incorporar monitores para a súa escola na praia de Bastiagueiro. Se tes o título TD1 ou TD2 e queres traballar de monitor de surf podes contactar con iles pra lles enviar o teu CV.
|
Ler máis...
|
Venres, 24 Febreiro 2017 12:30 |
Novo vídeo de Juanlu González, rider andaluz de Skimboard, coas imaxes da súa última viaxe ás Rías Baixas pra practicar skim na compaña dos seus amigos do Morrazo. Foron intensos días de temporal con fortes rachas de vento pero pagou a pena a viaxe. |
Ler máis...
|
Luns, 06 Febreiro 2017 19:48 |

Presentámosvos a nova marca Costa das Ondas, un proxecto de varios concellos das Rías Altas pra promover a costa norte galega como destiño turístico de surf grazas a calidade das súas ondas e a beleza da súa paisaxe. |
Ler máis...
|
Mércores, 11 Xaneiro 2017 11:20 |

Dende o Facebook de Ogilvie Stories recibimos o aviso dun roubo de dúas pranchas de surf Bowltash e varios neoprenos do interior do seu coche. O material roubado é unha prancha Bowltash, rosa 6'0, Bowltash laranxa 6'0, neopreno xcel 6/5/4 con capucha, neopreno Billabong 5/4, neopreno Quiksilver 5/4 e neopreno Vazva 4/3. |
Ler máis...
|
Mércores, 04 Xaneiro 2017 15:55 |
Xa está online o vídeo co resumo da xornada dos Papa Noeis na praia de Patos organizada por Patos Surf Escola. Un traballo de Matias Bbk. |
Ler máis...
|
Mércores, 28 Decembro 2016 15:08 |

Este venres 30 de decembro, Gony Zubizarreta compartirá como cada ano toda a súa experiencia connosco. Pola mañá un free surf pola zona e pola tarde unha charla de tecnificación na escola. Comentando os seus bos resultados no WQS, entre moitos outros temas que poremos sobre a mesa. Despois haberá sorteos e un brinde en familia.
|
Ler máis...
|
Venres, 16 Decembro 2016 15:31 |

Patos Surf Escola - Chegan os famosos Papa Noeis surfeiros de Patos!! Este ano celebraremos a chegada do Nadal o vindeiro venres 23 de decembro ás 11h. Iremos á auga a surfear cun gorro de papa Noel e ao acabar uns doces do Nadal e colacao ben quentiño. Este ano colaboramos cos servizos sociais de Nigrán. Pedimos a cada participante que asista a esta xornada que traia 1Kg de alimento. A poder ser non perecedoiro (pasta, arroz, legumes, etc.). Tamén pode ser cacao, leite, doces do Nadal. Calquera alimento será ben recibido.
|
Ler máis...
|
Luns, 07 Novembro 2016 19:23 |

Xa vos podedes inscribir ao Curso de Apnea que vai ter lugar na piscina de Carballo, en colaboración con Apnea Norte, Art surf Camp e Teirón surf, para a fin de semana do 12 e 13 de novembro. Este curso será impartido por Mario Lázaro de Free Diving North, instructor internacional da Apnea Academy. Está orientado a surfeiros, pescadores submarinos, nadadores ou persoas que queren utilizar a apnea como ferramenta pra mejorar no seu deporte.
|
Ler máis...
|
Domingo, 30 Outubro 2016 21:51 |
Presentámosvos un vídeo de windsurf de ondas con Florian Jung e Camille Juban, fillos do mar e do vento, surfando en diferentes spots da Costa da Morte. Un traballo de Pierre Bouras. |
Ler máis...
|
|