Surf Outras
Monday morning in the city!
Xoves, 21 Maio 2009 11:24

Dende o blog de Good Life with a good Vibes chegan estas fotos do baño mañaneiro do pasado luns 18 na cidade da Coruña feitas por Jahgo.

Ler máis...
 
"A túa Primeira Onda" I.E.S. do Castro e limpeza da praia de Patos
Sábado, 16 Maio 2009 19:50

O pasado venres 8 de maio o Patos Surf Clube impartiu unha das súas xa famosas "A túa primeira onda", cursos gratuítos de iniciación ao surf. Pero nesta ocasión tratábase de facer un acto de voluntariado por parte dos alumnos inscritos á actividade. Unha limpeza da praia de Patos despois de gozar dunha clase de surf.

Foi o propio centro do IES do Castro en Vigo o que expuxo desde un primeiro momento a actividade.

Ler máis...
 
III Limpeza da Praia de Nemiña - 30 de Maio
Venres, 15 Maio 2009 18:20

Os Tombos volvemos organizar unha limpeza na praia de Nemiña. Esta é a nosa forma de protestar por como vemo-las praias ali donde vamos, pois non so en Nemiña chegan desperdicios con cada marea. E quen mellor ca nos que estamos sempre en Nemiña para sabelo e tamen para limpala.

Todolos que queirades participar estades invitados,sempre seguindo as normas e consellos dos organizadores. Se queredes darlle publicidade volo agradeceremos.

Seguiremos este horario:

10 da maña: Chegada á praia.

10:30 : Presentación e lectura das normas de seguridade. Repartir guantes e bolsas.

11:00 : Comezo da Limpeza.

Ler máis...
 
AbstCovas - Blog colectivo dende Ferrolterra
Mércores, 13 Maio 2009 16:03

ABSTCOVAS trátase dun blog creado por xente que ten un especial agarimo ás praias de Cobas. Este blog colectivo comezou pola iniciativa principal de Oki, un drop-knee rider de Cobas. Ao ser tanta xente a que escribe no blog esta cheio de información actualizada.

Trátase dun grupo aberto, no que hai corcheiros, corcheiras, surfeiros e surfeiras e todo o que chegue é benvido.. Algúns dos que participan no blog actualmente son Brandán (surf), Sergio e Chinés (Body), Marta e Xabi (Body), Branca (Body), Osky (Surf) e Pable (body).

Ler máis...
 
"Big Friday" by Pabolinho
Luns, 11 Maio 2009 17:51

Un par de boas fotos de Nordeslizamento desta finde pasada en Ferrolterra. Tedes máis foto no seu blog.

 
Nacho García
Ler máis...
 
Surfing en Reinante [VIDEO]
Luns, 11 Maio 2009 17:34

Eiquí tedes un video filmado por Farero na praia de Reinante o pasado mes de Abril. Os surfeiros son Kiko, Borja, Alvarito e Simón.

Ler máis...
 
Boas ondas na Lanzada
Venres, 08 Maio 2009 22:47

Dende a web de Julian Foto Surf nas Rías Baixas chegan unhas fermosas fotos de surfing a finde pasada na praia da Lanzada. O surfeiro das fotos é Yago Chamorro. Tedes máis fotos desta sesión de surf no seu album de Picasa.

 
Ler máis...
 
Monoloco Surfer Bus: RAZO 23 Maio
Venres, 08 Maio 2009 10:21
Comeza a actividaded do Monoloco Surfer Bus 2009 cunha viaxe á praia de Razo. Esta praia constitúe a prolongación do areal de Baldaio. Ideal para a práctica de surf, acolle durante o verán o desenvolvemento de diversas actividades de lecer.
 
A praia de Razo conta co distintivo europeo Bandeira azul á calidade ambiental, que avala a limpeza das súas augas e o acondicionamento das súas instalacións.Nas súas proximidades sitúase o Espazo Natural de Razo-Baldaio e o pequeno porto pesqueiro de Razo.
 
- Data Saída:
 
Sábado 23 de maio 09
 
Ler máis...
 
SurfTech Test Tour en Patos o 2 de Maio
Xoves, 30 Abril 2009 19:50

O Surftech Test Tour volve á Praia de Patos, o sábado 2 de maio o Clube de Surf Patos, Surftech e Novalbos convidámosvos a probar as novas táboas de epoxy de Surftech de forma totalmente gratuíta. Entre as táboas do test atópanse algúns modelos novos de TL2 así como táboas curtas , longboards e evolutivos de Tuflite.

Ler máis...
 
Slashboards e Artsurfcamp presentan un novo Surf Center en Razo
Xoves, 30 Abril 2009 16:21

O novo Surf Center de Slash atóparase na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) no campamento e escola de surf Artsurfcamp. Esta marca de renome no panorama de surf estatal bríndanos a oportunidade de proporcionarlle aos alumnos da escola unha amplia gama de formas de tablas e diferentes medidas para que proben e entendan a importancia de surfear cunha tabla ou outra dependendo do estado do mar. 


Ler máis...
 
Surf de Pé na Lanzada - Julián Foto Surf
Xoves, 30 Abril 2009 14:18

Eiquí tedes unhas fermosas fotos destes días sacadas por JuliánFotoSurf de xente surfando as ondas de Foxos e a Lanzada nas Rías Baixas coas novas pranchas de surf de pé. Os surfeiros son Milo Castelo (paddle branco) e Dani Rodríguez (paddle vermello).

 
Ler máis...
 
Tintín dende Porto Carrizo [Video]
Xoves, 30 Abril 2009 13:46

Jansolo apresenta un novo video no seu blog Diario de Jandriño, este video amosa unha cara diferente dunha onda moi coñecida e surfeada por todos nós. Música de Jack Johnson e fermosas ondas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>

Páxina 50 de 55


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: