Mércores, 17 Agosto 2016 09:34 |
Velaquí tedes algunhas imaxes da proba de windsurf de ondas en Ferrol con mar de WNW de 1.5m e periodo de 16 segundos con vento do NE forza 4 a forza 7. Vídeo de Sebas Bamonde. |
Ler máis...
|
Domingo, 07 Agosto 2016 20:12 |
A asociación Movementes promove, dentro do seu tradicional campamento de Verán, unha divertida sesión de surf coa grande axuda da escola de Surf Point Break na praia de Patos. Esta asociación ten como obxetivo fomentar e proporcionar actividades deportivas adaptadas a persoas con necesidades educativas especiais. |
Ler máis...
|
Venres, 22 Xullo 2016 09:13 |

Posidonia Sustainable Friends Festival espéravos por primeira vez en Vigo co evento dedicado á posidonia oceanica. Tras a primeira etapa de xuño en Sitges, o Posidonia Sustainable Friends Festival festival internacional de arte media ambiente e desenvolvemento sustentable, chega a Vigo (Galicia) o 22 e 23 de xullo, antes de partir cara á localidade italiana de Santa Margherita Ligure do 1 ao 4 setembro. |
Ler máis...
|
Domingo, 17 Xullo 2016 20:47 |
Espectacular vídeo da costa de Valdoviño feito por VISUALIZALO, con David Lougedo como piloto de drone e Carlos Caraglia como operador de cámara e editado Carlos Caraglia. |
Ler máis...
|
Mércores, 13 Xullo 2016 15:29 |
Resumo da xornada de portas abertas co gallo do Día Internacional do Surf en Patos Surf Escola no Concello de Nigrán e con entrevista a Diego, un dos fundadores da escola, despois da súa viaxe de medio ano por Australia, Nova Celandia e Indonesia. |
Ler máis...
|
Martes, 05 Xullo 2016 20:27 |

Recibimos un aviso de dúas prazas de monitor de surf na Escuela Gallega de Surf pra traballar na súa escola este verán na praia de Esteiro na Mariña. A oferta inclúe comida e lugar onde durmir se tes autocaravana ou furgoneta. Os interesados poden contactar con Nacho 606400726 ou Catalina no 627979638 pra entrar no proceso de selección. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 30 Xuño 2016 08:57 |

Este sábado a partires das sete da tarde estades invitados ao evento de inauguración de Ultramarino, un novo concepto de tenda de surf en Vigo con marcas artesanais e cousas diferentes grazas á unión e traballo de dúas marcas galegas: Foam e Iron Mountain. Haberá música, birras e algo de picoteo. O novo local está situado no Camiño Maceiras nº9, no barrio de Teis, Vigo. |
Ler máis...
|
Domingo, 26 Xuño 2016 11:12 |

Por segundo ano consecutivo vamos celebrar o II Mercado de Surf na praia de Razo o 23 de xullo. Ese día na praia de Razo celebrase a 12 edición do Festival de Música alternativa Sereas e Piratas. Tamén haberá un campionato de SINGLE FIN CLASSIC, sesión vermút con música en directo e máis actividades incluso algunhas enfocadas os máis cativos. |
Ler máis...
|
Mércores, 15 Xuño 2016 19:43 |
De novo a Encyclopedia of Surfing presenta un resumo con imaxes históricas de diferentes épocas de surfeiros cos seus cans surfeando ondas por todo o mundo. Un vídeo moi orixinal que mostra como xa está case todo inventado. |
Ler máis...
|
Xoves, 09 Xuño 2016 17:18 |

Hoxe recibimos o aviso dun roubo na cidade da Coruña dun Longboard Bear Performance 9'0'' acontecido na garaxe da víctima. Por favor estade atentos por se aparece estes días polas webs de anuncios de segunda man ou polas praias da zona. En caso de saber algo podedes contactar con Niso pra lle pasar a información. |
Ler máis...
|
Mércores, 08 Xuño 2016 08:39 |

A escola de surf The Camp Doniños ofrece prazas para monitores de surf que teñan que realizar prácticas. Todos aqueles que estén realizando o Curso en Técnico Deportivo en Surf teñen a oportunidade de realizar as súas prácticas na escola de surf The Camp en Doniños, Ferrol, e hospedarse nas súas instalacións.
|
Ler máis...
|
Martes, 07 Xuño 2016 10:30 |

Vazva Surf School precisa técnicos titulados e federados na Federación Galega de Surf pra impartires cursos de surf durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro. Os interesados poden enviar o seu CV e dossier con info ao email: info(arroba)vazva.es como concepto: VSSCHOOL. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 55 |