Cartel
Surf Outras
SurfTech Test Tour en Patos o 2 de Maio
Xoves, 30 Abril 2009 19:50

O Surftech Test Tour volve á Praia de Patos, o sábado 2 de maio o Clube de Surf Patos, Surftech e Novalbos convidámosvos a probar as novas táboas de epoxy de Surftech de forma totalmente gratuíta. Entre as táboas do test atópanse algúns modelos novos de TL2 así como táboas curtas , longboards e evolutivos de Tuflite.

Ler máis...
 
Slashboards e Artsurfcamp presentan un novo Surf Center en Razo
Xoves, 30 Abril 2009 16:21

O novo Surf Center de Slash atóparase na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) no campamento e escola de surf Artsurfcamp. Esta marca de renome no panorama de surf estatal bríndanos a oportunidade de proporcionarlle aos alumnos da escola unha amplia gama de formas de tablas e diferentes medidas para que proben e entendan a importancia de surfear cunha tabla ou outra dependendo do estado do mar. 


Ler máis...
 
Surf de Pé na Lanzada - Julián Foto Surf
Xoves, 30 Abril 2009 14:18

Eiquí tedes unhas fermosas fotos destes días sacadas por JuliánFotoSurf de xente surfando as ondas de Foxos e a Lanzada nas Rías Baixas coas novas pranchas de surf de pé. Os surfeiros son Milo Castelo (paddle branco) e Dani Rodríguez (paddle vermello).

 
Ler máis...
 
Tintín dende Porto Carrizo [Video]
Xoves, 30 Abril 2009 13:46

Jansolo apresenta un novo video no seu blog Diario de Jandriño, este video amosa unha cara diferente dunha onda moi coñecida e surfeada por todos nós. Música de Jack Johnson e fermosas ondas.

Ler máis...
 
Bañito en Malpica, 25-4-2009
Mércores, 29 Abril 2009 13:39

Dende o Surf Report de Kike Aradas chegan estas fotos da finde pasada da praia de Malpica. Bastante xente na auga, sol e boas ondas. Afortunada a xente que estivo na auga.


Ler máis...
 
MONOLOCO SURFER BUS - Galiza 2009
Martes, 21 Abril 2009 22:31

Acabamos de ler no blog de PhotoSurf unha nova iniciativa surfeira para este verán, o Monoloco Surfer Bus é unha iniciativa para organizar un tour de verán polas principais praias de Galicia. As saídas realizaranse os sábados e domingos desde Sanxenxo, Portonovo, Pontevedra e Vilagarcía.

O noso obxectivo é dar a coñecer outras praias, outras ondas e por suposto coñecer xente e gozar ao 100% do noso deporte favorito.

Ademais é tamén parte do noso obxectivo organizar viaxes de fin de semana a Portugal, a praias como a mítica Supertubos, Áncora, etc...

Ler máis...
 
Test gratuíto de pranchas Surftech en Patos
Sábado, 18 Abril 2009 11:43

No blog do Patos Surf Clube avisan a todos os interesados e interesadas en probar as táboas de epoxy de Surftech que terán a posibilidade de xeito totalmente gratuíto os próximos 1, 2 e 3 de maio na praia de Patos. Entre as táboas do test atópanse algúns modelos novos de TL2 así como táboas curtas e evolutivos de Tuflite.

Ler máis...
 
Boas Ondas na Mariña estes días!
Xoves, 16 Abril 2009 12:50

Acabamos de recibir unhas fermosas fotos de dous baños en diferentes ondas clásicas da Mariña lucense. A calidade das sesións apreciase moi ben nas fotos e tamén a soidade dos surfeiros na auga. Afortunados os surfeiros que poden disfrutar destes baños os días laborables e con pouca xente a mediados do mes de Abril.

Ler máis...
 
Oliñas do Mar....
Martes, 14 Abril 2009 14:45

Eiquí tedes unhas fotos dunha boa sesión en Oliñas do mar a primeiros do mes de Abril. Segundo contounos Julián "Keima" pillaron uns tubos divertidos e foi un baño xeitoso. 

Ler máis...
 
Nordeslizamento: novo blog dende a costa artabra!
Martes, 14 Abril 2009 09:53

Presentamos Nordeslizamento, unha nova iniciativa na rede dende a costa ártabra. Este blog dirixido por Pablo López ten fotografías de ondas, surf e bodyboard. O seu autor comentounos o seguinte sobre este proxecto:

"Moitos de nos facemos da fotografía unha extensión do que vemos e sentimos nun baño. Queremos captalo, queremos recordalo. Levo pouco tempo tirando en dixital(veño da analoxica), ainda estou iniciandome e loitando cos pc's, ainda asi espero que nas minhas fotos se reflexe a intensidade que o mar e as ondas provocan en min. Amor e respeto polo mar e polas persoas."

Ler máis...
 
Venres Santo en Montalvo
Luns, 13 Abril 2009 15:28

No blog de OgrobeSurfing colgaron unhas fotos do xeitoso baño deste pasado venres santo en Montalvo sacadas por Xoel Freire. Embaixo tedes unhas cantas fotos pero se queredes ver todas as fotos pasade polo seu blog.

Ler máis...
 
Bastiagueiro en branco e negro
Luns, 13 Abril 2009 00:29

Dende o blog de Fiz chega un video de surf en Bastiagueiro este mes de Abril. Ondas pequenas pero ordenadas rompendo nunha praia de cidade con moita xente na auga. Surfing urbano.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 Seguinte > Final >>

Páxina 51 de 55

Estado do Mar a tempo real


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia.

Levamos traballando dende 2008 e publicamos máis de 5.000 novas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: