Surf Outras
Oeste Surf Clube
Mércores, 25 Marzo 2009 21:01

Anunciamos a creación dun novo clube galego de surfing, o Oeste Surf Clube, con sede social en Poio (Pontevedra).

Os obxetivos son o desenvolvemento, promoción, realización e organización de todo tipo de eventos relacionados co mundo do surf, así como a defensa dos intereses dos surfeiros.

Ler máis...
 
Pantín: ondas de San Xosé
Luns, 23 Marzo 2009 01:04

Dende o blog de Jandriño chega outra dose de surfing nas praias de Ferrolterra. A catedral do surfe galego amosa a súa calidade un día de ondas e sol. Xente na auga como Pablito, algún dos "Bad Boys" Cedeirenses, Carlos e Estitxu con longueirón entre outros moitos no auga.

Ler máis...
 
Doniños: baño do 2 de marzo
Martes, 10 Marzo 2009 12:46

Dende o videoblog de Jandriño chega este video dun baño da semana pasada. Un día gris de vento virado do suroeste pero frouxo, pero os fondos aguantaban aínda. Jandriño filmou o pouco que puido neste caso, ao seu grande amigo Jesus Busto con táboa, Elias Pantin con bugy azul e a Alex Rico con paipo amarelo.

Ler máis...
 
Entroido surfeiro en Patos
Luns, 02 Marzo 2009 15:00

Video do Entroido surfeiro na praia de Patos organizado polo Patos Surf Clube. O pasado 24 de febreiro (Martes de Entroido) o Patos Surf Clube organizou unha sesión de surf algo especial. O requisito era ir disfrazados á auga. 

Ler máis...
 
Convocadas as axudas ao deporte galego
Luns, 02 Marzo 2009 14:18

Xa están publicadas as axudas ao deporte galego. Estas axudas están orientadas aos deportistas para asistir a competicións ou viaxes e tamén para a realización de eventos como campionatos, xornadas, clinics, etc....  O prazo de presentación das solicitudes será de 32 días naturais a contar dende o seguinte día da publicación do anuncio destas bases no DOG, polo que rematará o próximo 30 de marzo.

Ler máis...
 
Spot fetiche by Marcos Amor
Sábado, 28 Febreiro 2009 10:18

Atopamos no blog de Marcos Amor unhas fotos preciosas dun baño destes días nalgures da costa galega....

Ler máis...
 
Ampliación da data de inscripción ata o 4 marzo-Bloque Específico "Curso de Técnicos Surf"
Sábado, 28 Febreiro 2009 10:15

Debido a problemas co servidor web da Federación Galega de Surf, ampliamos o prazo para inscribirse ata o día 4 de Marzo inclusive, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , tamén se pode facer enviando un fax coa ficha de inscripción ao nº 986299378. No momento de facer o ingreso no banco prégase facer constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos.  Mais información nos documentos adxuntos.

As persoas que teñan que realizar as probas de acceso: deberán presentarse o venres 7 de Marzo as 15:00 na praia de Patos.

Ler máis...
 
A praia da Aguieira, meca de kitesurfistas
Xoves, 26 Febreiro 2009 10:25
O Concello de Porto do Son está collendo cada vez máis sona pola práctica de deportes náuticos. Aos tradicionais practicados en Portosín, saíndo dende o porto (vela, kayak, etcétera) únense os que adoitan practicar particulares que chegan aos seus areais.

Ler máis...
 
Boas ondas en Foxos
Luns, 23 Febreiro 2009 14:26

Dende o web de Julian Foto Surf chegan estas fotos da xente de Pontevedra surfeando un clásico da zona, a praia de Foxos. 

Ler máis...
 
Xogándose a vida diante do mar
Xoves, 12 Febreiro 2009 20:23

Impresionante video duns fulanos que se xogan a vida na Coruña diante de ondas enormes.

 
A forza do mar de Malpica
Martes, 10 Febreiro 2009 19:58

 Impresionantes fotos da forza do mar golpeando o espigón do porto de Malpica.

Ler máis...
 
Surfeando no porto d'A Guarda
Martes, 10 Febreiro 2009 11:44

Dende o blog de Jahgo chegan outras boas fotos dun spot pouco frecuentado das Rías Baixas. Poucos surfeiros galegos coñecen ben a costa que vai dende Cabo Silleiro ata a foz do Miño mais esta costa garda unhas ondas moi boas de fondos de rocha. Nestas imaxes podedes ver unha onda divertida e bastante surfeable.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 Seguinte > Final >>

Páxina 52 de 55

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: