Surf Outras
Video na TVG dos Papa Noeis surfeiros
Mércores, 07 Xaneiro 2009 17:11

Eiquí tedes o video da TVG da cuarta edición do evento organizado pola Prado Surf Escola na praia de Patos celebrado o pasado 24 de decembro. O link soamente funciona no Internet Explorer de Microsoft.

Preme na imaxe e vai o web da TVG pra miralo.

Noticia relacionada: Festa do Nadal en Patos

Ler máis...
 
Búscase: bonzer branco extraviado
Luns, 05 Xaneiro 2009 10:57

Desaparecida unha táboa do noso shaper blogueiro Chusma na praia do Faro de Lariño. Por favor contactade con el a través do seu email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Ofrece unha recompensa.

 
Ler máis...
 
1º Camp Clinic 2009 con Estitxu Extremo en Ferrol
Xoves, 01 Xaneiro 2009 15:11

O Grosso Surfcamp inaugura a tempada 2009 cun Camp impartido polas dúas veces Campioa de Europa de surf Estitxu Extremo. Seguindo coa linea de docencia do Clube GROSSO, comezamos a tempada 2009 cun intenso fin de semana de Surf no GROSSO Surfcamp onde ademais de boas sesións gozarás de novas instalacións acondicionadas ao inverno galego.

Ler máis...
 
PhotoSurf estrea novo formato na Rede!
Luns, 29 Decembro 2008 13:53

O blog de fotografía surfeira PHOTOSURF estrea unha nova imaxe en internet. Neste blog podes atopar fotos de surf, bodyboard, windsurfing, kitesurfing e outras modalidades de deportes mariños realizadas principalmente nas Rías Baixas.

Podes visitalo premendo nesta ligazón ou na imaxe da esquerda.

 

 
Boa sesión en Cantos!
Mércores, 24 Decembro 2008 11:48
 
Dende o blog de Jahgo chegan estas fotos de Cantos. Un dos spots máis potentes e solitarios da nosa costa que soamente a xente brava da costa sul galega acostuma a surfear. Esta onda non é para principiantes e precisades entrar na auga con algún local pra vosa maior seguridade. Se tedes un casco non dubidedes en empregalo!
Ler máis...
 
Boas festas e boas ondas no 2009!
Martes, 23 Decembro 2008 00:56

 

 

Dende que comezamos este novo proxecto informativo a principios de setembro SurfGZ.com leva máis de 3.100 visitas e 13.200 páxinas visitadas e por iso queremos rematar este ano dando as gracias a toda a xente que pasou algún intre pola web e adicou algo de tempo a pulular polos contidos de SurfGZ.

Ler máis...
 
Festa do Nadal en Patos!
Venres, 19 Decembro 2008 14:29

O vindeiro día 24 de decembro a partires das 11:00 preparaivos pra recibi-lo Nadal surfeando na praia de Patos. Como cada ano o Patos Surf Clube organiza o seu principal evento navideño surfeando vestidos todos de Papa Noël. Tamén haberá uns aperitivos navideños para recobrar forzas.

 
Ler máis...
 
Patos Surf Clube "Mellor Clube Galego 2008"
Martes, 16 Decembro 2008 14:23

O pasado sábado 13 de decembro de 2008 celebrouse na sede da Federación Galega de Surf a Gala do deporte galego onde foille entregado ao Patos Surf clube o galardón como Mellor Clube Galego do ano 2008.

Na páxina web do Clube podes atopar info sobre as súas actividades e tamén no seu novo blog

http://patosurfclub.blogspot.com/

Noraboa dende SurfGZ!

 
Machaca Power! Novas fotos!
Luns, 01 Decembro 2008 13:21

No blog de Maika Boquete atopamos unha boas fotos da Machacona feitas o 10 de novembro e que amosan a calidade de unhas das millores ondas galegas. No seu blog podedes ver máis fotos desta boa sesión!

Ler máis...
 
A International Surfing Association entregará 40 bolsas no 2009
Luns, 24 Novembro 2008 20:09

A International Surfing Association –ISA-, Corpo Gobernante do Surfing no mundo recoñecida polo Comité Olímpico Internacional, se enorgullece de anunciar que para o 2009 ampliou o seu Programa de Bolsas Individuais, de 20 a 40 gañadores. O período de aplicacións xa se abriu e finaliza o 12 de decembro.

O fondo de bolsas deste ano é de 20.000 dólares que serán entregados de forma íntegra aos máis necesitados e inspiradores surfeiros de até 18 anos do planeta.

Ler máis...
 
Boas ondas na Mariña: Peizas!
Luns, 17 Novembro 2008 13:55

Dende o blog de TANAKA chegannos unha serie de fotos doutra xoia galega. Onda de fondo de rocha e area con pouca xente na auga!

Ler máis...
 
A Machacona xa bombea!
Martes, 11 Novembro 2008 20:45

Atopamos no blog de Surfinglifebydani.blogspot.com unhas fermosas fotos dunha boa sesión na costa norte galega.

Ler máis...
 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 Seguinte > Final >>

Páxina 54 de 55

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: