Domingo, 26 Xuño 2016 11:12 |

Por segundo ano consecutivo vamos celebrar o II Mercado de Surf na praia de Razo o 23 de xullo. Ese día na praia de Razo celebrase a 12 edición do Festival de Música alternativa Sereas e Piratas. Tamén haberá un campionato de SINGLE FIN CLASSIC, sesión vermút con música en directo e máis actividades incluso algunhas enfocadas os máis cativos. |
Ler máis...
|
Mércores, 15 Xuño 2016 19:43 |
De novo a Encyclopedia of Surfing presenta un resumo con imaxes históricas de diferentes épocas de surfeiros cos seus cans surfeando ondas por todo o mundo. Un vídeo moi orixinal que mostra como xa está case todo inventado. |
Ler máis...
|
Xoves, 09 Xuño 2016 17:18 |

Hoxe recibimos o aviso dun roubo na cidade da Coruña dun Longboard Bear Performance 9'0'' acontecido na garaxe da víctima. Por favor estade atentos por se aparece estes días polas webs de anuncios de segunda man ou polas praias da zona. En caso de saber algo podedes contactar con Niso pra lle pasar a información. |
Ler máis...
|
Mércores, 08 Xuño 2016 08:39 |

A escola de surf The Camp Doniños ofrece prazas para monitores de surf que teñan que realizar prácticas. Todos aqueles que estén realizando o Curso en Técnico Deportivo en Surf teñen a oportunidade de realizar as súas prácticas na escola de surf The Camp en Doniños, Ferrol, e hospedarse nas súas instalacións.
|
Ler máis...
|
Martes, 07 Xuño 2016 10:30 |

Vazva Surf School precisa técnicos titulados e federados na Federación Galega de Surf pra impartires cursos de surf durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro. Os interesados poden enviar o seu CV e dossier con info ao email: info(arroba)vazva.es como concepto: VSSCHOOL. |
Ler máis...
|
Luns, 23 Maio 2016 08:43 |
Eric Rebiere xa está a transmitir os seus coñecementos aos seus fillos pequenos que teñen a sorte de contar cun gran pai e un gran surfeiro como mestre. Neste vídeo tedes unha das primeiras ondas da sua filla con moito estilo. |
Ler máis...
|
Luns, 16 Maio 2016 08:54 |
Seguimos crecendo en Twitter grazas ao voso apoio! Xa somos 4.500 seareiros na Rede do Paxaro Azul e unha das contas máis importantes galegas superando a grandes medios de comunicación sen necesidade de subvencións nin publicidade. Moitas grazas pola vosa confianza! 
|
Ler máis...
|
Domingo, 15 Maio 2016 19:31 |

O Surf Clube Barbanza vai realizar o vindeiro domingo 22 de Maio unha nova edición da feira Surf Swap onde podes comprar, vender ou trocar material de surf e bodyboard. O evento vai ter lugar na Casa da Cultura de Xuño en Porto do Son e haberá pelis surfeiras, picoteo e cervexa artesanal grazas a Beer Lab. |
Ler máis...
|
Venres, 13 Maio 2016 08:13 |
Fermoso vídeo da Escola de Surf en Barrañán xestionada polo Costa da Morte Surf Clube e as súas instalacións gravado con vista aérea. Se queres formar parte deste clube podes facelo por 30€ ao ano e disfrutar da súa pista de skate, duchas e outras facilidades. |
Ler máis...
|
Xoves, 12 Maio 2016 09:35 |

Lembrarvos que xa están dispoñibles as entradas nas Vazva Stores de Avda. Barrie da Maza 14 e Rúa Real 69 que son gratuítas e necesarias para acceder á festa do día 28 de maio. Repetiremos o éxito do ano pasado co campionato de skate GAS x TRICKS no skateplaza dos Rosales e a partir das 22.00h abriremos as portas da Praia Club para dar paso aos concertos das bandas Less Fortunate, Rockin FreeTanghas, Morgen, Black Coffee Band, Criminal Penguins, @thenewones e Judah Norweside.
|
Ler máis...
|
Luns, 09 Maio 2016 17:10 |
A primeira vez que estiven en Nemiña penso que foi no ano 1995 e daquela era un lugar moi solitario. Pase 4 días durmindo nun coche e falando cos paisanos. Lémbrome dunha rapaza de menos de 15 anos que andaba con 40 vacas marelas polas leiras e soamente un par de surfeiros ingleses na auga.. agora os tempos sonche ben diferentes... Rubén Prieto presenta este fermoso vídeo gravado a vista paxaro da praia de Nemiña, as súas ondas e das instalacións das casas que ten pra alugar xusto ao comezo do areal na súa web Surf Costa da Morte. |
Ler máis...
|
Xoves, 21 Abril 2016 09:46 |
Juanlu Gonzalez - Foron tres dias de moito skimboard, xusto entraba a borrasca cando Lorena e eu tiñamos libre e xogámosnola nunha fin de semana de tolemia, 1.000 km conducindo sen parar demasiado para skimar o día seguinte... Dani de Mallorca tampouco o pensou demasiado en facerse os kilometros até alí xa que comezaba a súa viaxe dende Valencia... pero mereceu a pena, esa area fina, e ese pedazo de baixada que ten a praia de Area brava encántounos, prometo volver.. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 55 |