Surf Outras
Un día de inverno calquera - Luis Rodríguez Surf School
Domingo, 22 Novembro 2015 10:40

Presentámosvos este vídeo que mostra o traballo diario en Luis Rodriguez Surf School ensinando aos novos riders de Ferrolterra como facer surf en condicións seguras e divertidas. Luis Rodríguez é un dos grandes surfeiros da nosa terra e un excelente profesor que leva moitos anos ensinando aos rapaces.

Ler máis...
 
Esta semana toca surf e mar glassy!
Luns, 09 Novembro 2015 08:43

Seica estamos xusto a piques de comezar unha excelente semana pra surfear en toda a costa galega xa que imos ter unha borrasca situada no Gran Sol que vai mandar boas ondas pero sen meter vento. Dende o martes até o venres imos ter ondas de 2 a 5.5 metros con periodos de 12 a 14 e practicamente sen nada de vento.

Ler máis...
 
Ondiñas veñen, ondiñas veñen...
Domingo, 25 Outubro 2015 22:13

Por fin un gran golpe de mar vai golpear de cheo a nosa costa este martes e imos poder surfear eses spots que soamente a aparecen uns poucos días ao ano. Esta vai ser unha boa semana de surf con ondas constantes todo a semana con vento do sur. A final de semana o mar volverá subir e imos poder disfrutar de excelentes condicións de surf.

Ler máis...
 
Boa previsión de ondas para esta fin de semana
Mércores, 21 Outubro 2015 09:01

Debaixo podedes ver a previsión do mar para o venres 23 de Outubro que parece ser bastante boa para poder disfrutar de boas ondas na nosa costa. Esta finde vai comezar, probablemente o venres, a proba do mundial de surf en Supertubos, e tamén é un bo plan para eses días. Ide pensando que ides facer.

Ler máis...
 
Chega o primeiro swell do Outono!
Luns, 05 Outubro 2015 09:04


Por fin recibimos o primeiro swell do Outono acompañado de fortes ventos do sur e choiva que vainos deixar boas ondas esta semana e axudará a limpar os fondos de area acumulados durante o verán. Seica comeza a tempada de surf.

Ler máis...
 
Vazva Surfing Day - 19 de Setembro
Mércores, 16 Setembro 2015 00:00

Este vindeiro sábado 19 de Setembro vaise celebrar na praia de Bastiagueiro o evento VAZVA Surfing Day con clases de surf gratis para os participantes. Este evento ten como obxetivo celebrar o comezo dos cursos de inverno de Vazva surf School. A previsión é de sol, ondas e bo tempo. Os horarios serán de 11:00h a 14:00h e de 16:00h ata 19:00h.

Ler máis...
 
Achégase o primeiro golpe de mar de Setembro
Luns, 14 Setembro 2015 08:02


Despois de dúas semanas sen ondas e con pequenas chustas imos ter a oportunidade de catar o primeiro swell do mes de Setembro. Xa esta finde tivemos boas ondas e levamos 4 ou 5 dias pillando pequenos baños pero a partires de hoxe o mar comeza a subir e o mércores vai ser o día grande. O xoves e o venres tamén van ser bos días seguramente polo que imos ter unha boa semana. A previsión de ventos para toda a semana é de ventos do sur, frouxos luns e fortes martes e mércores.

Ler máis...
 
Triste comezo surfeiro deste mes de Setembro
Xoves, 03 Setembro 2015 09:05

Despois dun excelente mes de Agosto con varios golpes de mar o mes de Setembro parece que vai traer, polo menos estes dez primeiros días, moi pouco mar. Non hai ondas nin se lle esperan, exceptuando as chustas de Pantín de cuarto metro ou algo que rascar en Soesto pero mal de vento. Haberá que seguir esperando e ver que acontece na segunda semana do mes.

Ler máis...
 
Río Endless Summer 2015 - 30 de Agosto
Martes, 25 Agosto 2015 08:48

Este domingo 30 de Agosto podedes asistir ao evento de despedida do mes de Agosto e simbólicamente do verán na praia de Río Sieira que contara con actividades varias dende as 9 da mañá ata as dez da noite. Haberá campionato de surf, mercadillo, música, test de pranchas de surf, clases de surf e máis cousas...

Ler máis...
 
Esta finde chega o segundo golpe de mar do mes de Agosto
Xoves, 13 Agosto 2015 09:33

Surf Galicia Razo

Despois das ondas que tivemos a primeiros de mes, esta fin de semana, a partir de hoxe pola noite, imos recibir o segundo golpe de mar do mes de Agosto con periodos altos de ata 16 e ondas de dous metros como podedes ver na previsión do windguru para Razo. Debaixo tedes a previsión de ondas para o venres pola tarde.

Ler máis...
 
Sube a temperatura da auga no Atlántico Norte
Martes, 11 Agosto 2015 09:02

Este ano xa comezamos a notar a subida da temperatura da auga na nosa costa pero non tanto como o ano pasado. Na imaxe inferior tedes a tempo real a temperatura da auga do mare na nosa costa e como podedes ver está a 17-19ºC dependendo da zona pero de seguro que poucas semanas chegaremos aos 20-21ºC.

Ler máis...
 
VI Baixada do Faro - 15 de Agosto
Luns, 10 Agosto 2015 09:12

Este sábado 15 de Agosto tedes unha cita no Faro de San Cibrao a partires das 16:00 horas pra participar e asistir como espectador da popular baixada en longboard do Faro de San Cibrao. Organiza: Limosa Surf Clube.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 54

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: