Luns, 09 Novembro 2015 08:43 |

Seica estamos xusto a piques de comezar unha excelente semana pra surfear en toda a costa galega xa que imos ter unha borrasca situada no Gran Sol que vai mandar boas ondas pero sen meter vento. Dende o martes até o venres imos ter ondas de 2 a 5.5 metros con periodos de 12 a 14 e practicamente sen nada de vento. |
Ler máis...
|
Domingo, 25 Outubro 2015 22:13 |

Por fin un gran golpe de mar vai golpear de cheo a nosa costa este martes e imos poder surfear eses spots que soamente a aparecen uns poucos días ao ano. Esta vai ser unha boa semana de surf con ondas constantes todo a semana con vento do sur. A final de semana o mar volverá subir e imos poder disfrutar de excelentes condicións de surf. |
Ler máis...
|
Mércores, 21 Outubro 2015 09:01 |
Debaixo podedes ver a previsión do mar para o venres 23 de Outubro que parece ser bastante boa para poder disfrutar de boas ondas na nosa costa. Esta finde vai comezar, probablemente o venres, a proba do mundial de surf en Supertubos, e tamén é un bo plan para eses días. Ide pensando que ides facer.

|
Ler máis...
|
Luns, 05 Outubro 2015 09:04 |

Por fin recibimos o primeiro swell do Outono acompañado de fortes ventos do sur e choiva que vainos deixar boas ondas esta semana e axudará a limpar os fondos de area acumulados durante o verán. Seica comeza a tempada de surf. |
Ler máis...
|
Mércores, 16 Setembro 2015 00:00 |

Este vindeiro sábado 19 de Setembro vaise celebrar na praia de Bastiagueiro o evento VAZVA Surfing Day con clases de surf gratis para os participantes. Este evento ten como obxetivo celebrar o comezo dos cursos de inverno de Vazva surf School. A previsión é de sol, ondas e bo tempo. Os horarios serán de 11:00h a 14:00h e de 16:00h ata 19:00h. |
Ler máis...
|
Luns, 14 Setembro 2015 08:02 |

Despois de dúas semanas sen ondas e con pequenas chustas imos ter a oportunidade de catar o primeiro swell do mes de Setembro. Xa esta finde tivemos boas ondas e levamos 4 ou 5 dias pillando pequenos baños pero a partires de hoxe o mar comeza a subir e o mércores vai ser o día grande. O xoves e o venres tamén van ser bos días seguramente polo que imos ter unha boa semana. A previsión de ventos para toda a semana é de ventos do sur, frouxos luns e fortes martes e mércores. |
Ler máis...
|
Xoves, 03 Setembro 2015 09:05 |
Despois dun excelente mes de Agosto con varios golpes de mar o mes de Setembro parece que vai traer, polo menos estes dez primeiros días, moi pouco mar. Non hai ondas nin se lle esperan, exceptuando as chustas de Pantín de cuarto metro ou algo que rascar en Soesto pero mal de vento. Haberá que seguir esperando e ver que acontece na segunda semana do mes. 
|
Ler máis...
|
Martes, 25 Agosto 2015 08:48 |

Este domingo 30 de Agosto podedes asistir ao evento de despedida do mes de Agosto e simbólicamente do verán na praia de Río Sieira que contara con actividades varias dende as 9 da mañá ata as dez da noite. Haberá campionato de surf, mercadillo, música, test de pranchas de surf, clases de surf e máis cousas... |
Ler máis...
|
Xoves, 13 Agosto 2015 09:33 |

Despois das ondas que tivemos a primeiros de mes, esta fin de semana, a partir de hoxe pola noite, imos recibir o segundo golpe de mar do mes de Agosto con periodos altos de ata 16 e ondas de dous metros como podedes ver na previsión do windguru para Razo. Debaixo tedes a previsión de ondas para o venres pola tarde.

|
Ler máis...
|
Martes, 11 Agosto 2015 09:02 |
Este ano xa comezamos a notar a subida da temperatura da auga na nosa costa pero non tanto como o ano pasado. Na imaxe inferior tedes a tempo real a temperatura da auga do mare na nosa costa e como podedes ver está a 17-19ºC dependendo da zona pero de seguro que poucas semanas chegaremos aos 20-21ºC.

|
Ler máis...
|
Luns, 10 Agosto 2015 09:12 |

Este sábado 15 de Agosto tedes unha cita no Faro de San Cibrao a partires das 16:00 horas pra participar e asistir como espectador da popular baixada en longboard do Faro de San Cibrao. Organiza: Limosa Surf Clube. |
Ler máis...
|
Domingo, 02 Agosto 2015 22:31 |
Por fin chega un bo swell este verán a nosa costa e imos poder disfrutar de varios días de surf constante, con pouco vento e algo de sol. Intentade surfear todo o que poidades que estes regalos hai que aproveitalos...

Previsión para este luns
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 55 |