Surf Outras 4Waves: Nova banda de rock surf galego!
4Waves: Nova banda de rock surf galego!
Mércores, 11 Xullo 2012 00:00

Este é o novo vídeo musical de 4Waves, unha banda de rock surfeiro galego, coa colaboración de Photosurf e o seu banco de imaxes de surf e bodyboard feitas nas Rías Baixas. Esta banda ven de publicar o seu primeiro EP e ten un tema chamado 'Stinky Tofu' adicado ao shaper do Barbanza Alex Cancio.

4 WAVES4Waves é un trio de surf rock instrumental ao estilo dos Coronas ou Straitjakets, porén cun punto máis orixinal e contemporáneo. A banda vai comezar a súa xira galega a finais do verán ata o ano que ven.

O sábado 23 de Xuño e aproveitando que esa semana se celebrou o día mundial da música e o dia internacional do SURF, actividades que recollen a esencia da nosa banda en ambas as facetas, subimos o primeiro traballo do grupo: THE FIRST RIDE. Son 7 temas de surf gravados da man do produtor Iago Lorenzo, e que che transportan aos anos 60, aos inicios do surf nas praias hawaianas, facéndote partícipe da cultura surf e empapándoche dela até as entrañas.

Se os temas son reflexo do son 70´s, os concertos non te deixarán indiferente, xa que aproveitando a improvisación que permite o directo, a banda sorprende con uniformes dos mais pecualires, e fai partícipe ao público invadindo os escenarios de inchables, obxectos de praia e surferos, etc...que unido aos ritmos bailables de surf-rock aseguran unha festa estival perfecta! Só faltaría a grellada e unhas olitas á tardiña.....

Durante o mes de Xullo a banda estará a preparar o directo e concretando as datas de presentación, das cales se poden confirmar xa a estrea na Festa Viquinga de Catoira o Venres 3 de Agosto (Mesón a Rua).

Podedes escoitar gratis os temas en:

www.4waves.bandcamp.com
www.facebook.es/4waves

 
2 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: