Surf Outras A International Surfing Association entregará 40 bolsas no 2009
A International Surfing Association entregará 40 bolsas no 2009
Luns, 24 Novembro 2008 20:09

A International Surfing Association –ISA-, Corpo Gobernante do Surfing no mundo recoñecida polo Comité Olímpico Internacional, se enorgullece de anunciar que para o 2009 ampliou o seu Programa de Bolsas Individuais, de 20 a 40 gañadores. O período de aplicacións xa se abriu e finaliza o 12 de decembro.

O fondo de bolsas deste ano é de 20.000 dólares que serán entregados de forma íntegra aos máis necesitados e inspiradores surfeiros de até 18 anos do planeta.

 O Programa de Bolsas Individuais da ISA creouse no 2007, cando se entregaron cinco bolsas a Juninho Urcia de Perú, Diego Vargas de Ecuador, Imani Wilmot de Xamaica, Lungani Memani de Sudáfrica e Guillermo Satt de Chile. Para o 2008 creceu un 400 por cento, chegando a un total de 20 bolseiros. O 2009 terá 40 surfeiros beneficiados.

As bolsas van directamente da man cunha das principais misións da ISA: “Un mellor futuro no Surfing”.

A axuda directa a aqueles novos atletas que son personaxes inspiradores nas súas comunidades, bos surfeiros e destacados estudantes, cambia o rumbo das súas vidas ao darlle un apoio económico que soamente pode ser gastado en todo o que poida axudalo a mellorar o seu surfing ou os seus estudos.

Cada aspirante á bolsa debe probar que é bo estudante, demostrar por que necesita o apoio económico e deixar claro que sería un bo embaixador da International Surfing Association na súa comunidade.

 

 

O Presidente da ISA, Fernando Aveza, comentou sobre o Programa de Bolsas 2009: “As bolsas da ISA son unha parte moi importante da nosa función como Federación Internacional, para a construción dun mundo mellor. Aínda que os surfeiros bolseiros son unha pequena porción daqueles necesitados de axuda para ser bos estudantes e cumprir cos seus soños surfisticos, sabemos que para cada un dos beneficiados, as bolsas son unha enorme axuda”.

Todo o material para aplicar á bolsa atópase en www.isasurf.org , o prazo vence o 12 de decembro e en febreiro serán anunciados os gañadores.

Nota: Todos os países do mundo, mesmo aqueles que non teñen unha federación membro da ISA poden aplicar á bolsa. No caso daqueles países que teñen unha federación membro, a aplicación debe realizarse por medio da mesma.

Todos os detalles na web da ISA.

Sobre a International Surfing Association

A ISA é recoñecida polo Comité Olímpico Internacional –IOC, siglas en inglés- como a Autoridade Gobernante do Mundo en surfing, bodyboarding, e surfriding. Orixinalmente foi fundada como a Federación Internacional de Surf en 1964 e realizou os Campionatos Mundiais desde ese entón e os Mundiais Junior desde 1980.

Os membros da ISA son máis de 50 federacións nacionais de seis continentes. A súa base está en San Diego, California. O seu Presidente é Fernando Aveza, elixido por primeira vez en 1994 en Río de Janeiro, e reelecto cinco veces desde entón. Os catro vicepresidentes da ISA son Robin de Kock de Sudáfrica, Alan Atkins de Australia, Maile Aveza de Hawai e Mike Gerard de Estados Unidos.

Máis info sobre as bolsas: http://www.isasurf.org/scholarshipinfo_sp.php

 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: