Publicidade:
O máis visitado este mes
- 17 anos de mentiras! 17 anos de loita! Chapapote Nunca Máis!
- Voltan as Gony Z Series 2019
- Un surftrip por Galicia
- Skimboard en Areabrava
- Rutina con Pablo Montero
- Entrevista a Gony Zubizarreta - Surfing.es
- Entrevista a Extixu Extremo
- Nova sesión en Illa Pancha - 12/11/2019
- I Xornadas de Surf e Desenvolvemento Sostible
- Surf en Ribadeo e Illa Pancha
1ª Pescadería Fotográfica en Malpica 29 e 30 de Xuño |
Martes, 18 Xuño 2013 17:50 | |||
Nesta primeira edición da Pescadería Fotográfica vanse reunir na vila de Malpica os máis coñecidos fotógrafos vinculados ao mundo da natureza e o surf en Galicia. Este evento nace dentro do I FESTIVAL DE LONGBOARD MALPICA, un evento inédito en Galicia, que ten como finalidade gozar dunha fin de semana de surf, actividades relacionas coa cultura do surf e a fotografía, longskate e música. O concepto de Pescadería Fotográfica xorde por mor de unir un pobo mariñeiro tradicional como é o de Malpica co surf a través da fotografía. Galicia con máis de 1.000 km. de costa é o diamante sen puír no mundo do surf en Europa, e disto estánse a dar conta numerosos fotográfos e bloggers que ao longo de toda costa, de norte a sur, están a dar a coñecer sitios e ondas impresionantes. Na rede podemos ver a crecente cantidade de sesións fotográficas a través das redes sociais, blogs e medios específicos como webs ou revistas. Malpica mantén unha unha posición privilexiada na Costa da Morte, sendo un dos anuncios máis emblemáticos onde todos as tempadas pasan gran cantidade de surfeiros e turistas. Os nosos obxectivos son:
Este evento conta coa autorización e apoio do Concello de Malpica, o cal cede o mercado munincipal que conta cuns 23 postos para os participantes así como outras infraestruturas e espazos espazos para concertos e talleres. Horario: sabado inauguración ás 18:00 ata as dez da noite. Domingo de 12:00 a 18:00. Para inscribirse contactar por email en:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|